Coñécenos


Foi en 1996 cando con entusiasmo, ilusión, experiencia, vocación de servizo e, sobre todo, moita dedicación, abrimos as portas de Santiago Interiores.

Como distribuidor exclusivo da marca de cociñas Santos en Santiago de Compostela e da man dun grande equipo profesional, seguimos afrontando cada novo proxecto con ilusión, creatividade e paixón polo deseño.

SERVIZOS

Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-4-1

Asesoramento

Crearemos para ti un deseño personalizado e exclusivo; adaptándonos ao teu espazo, ao teu xeito de vivir e ao teu orzamento. Porque pensamos que cada persoa é única e a súa cociña tamén debe selo.

Para o estudo do teu proxecto personalizado, recomendámosche que solicites unha cita previa co noso equipo para que poida estudar as túas necesidades.

Solicita unha cita previa

Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-75-1

Asistencia técnica

Santiago Interiores acompañarache en todo o proceso do teu proxecto. Ademais de deseñar a túa cociña Santos, coordinaremos a súa instalación para que os prazos, a execución e a imaxe final sexan as que soñaras.

Calidade de deseño, calidade de produto e calidade de montaxe. Só se coordinamos estes tres aspectos asegurámonos de que o resultado será o desexado.

Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-76-1

Servizo posvenda

O noso servizo posvenda velará pola túa plena satisfacción unha vez finalizada a instalación da túa cociña. Como distribuidores exclusivos de Santos, ofrecemos cinco anos de garantía para o mobiliario.

Traballamos, ademais, coas marcas máis recoñecidas no mundo do equipamento da cociña.

Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-99

Reformas

Aínda que somos expertos en mobiliario de cociña Santos, podemos ofrecerche un servizo de reforma integral. Colaboramos, para iso, con profesionais especializados en traballos de albanelaría, fontanaría, etc. En todo este proceso velaremos porque se respecten os tempos e recursos acordados, evitando así posibles inconvenientes ou demoras.

EQUIPO

tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-sonosles-cabana

“Apaixóname crear espazos para que outros gocen”

SONSOLES CABANA

Interiorista
tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-sonia-castineiras

“Responsabilidade, compromiso, organización e amabilidade son catro actitudes clave que definen a miña personalidade á fronte do meu posto de traballo”

SONIA CASTIÑEIRAS

Loxística e administración
tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-emma-lopez

“O deseño ben feito pode mellorar a vida de quen o habita”

EMMA LÓPEZ

Interiorista
tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-kornelia-osicka

“Cada proxecto de deseño abre unha infinidade de posibilidades á interacción entre obxectos, detalles, materiais e persoas”

KORNELIA OSICKA

Interiorista

FILOSOFÍA

Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-2-2

Experiencia

20 anos deseñando cociñas

En todos estes anos buscamos con ilusión a satisfacción dos nosos clientes, ofrecéndolles un produto e un servizo de calidade que nos converteron nun establecemento de recoñecido prestixio no sector.

Unha experiencia apoiada e arroupada pola marca Santos que, tras máis de 60 anos de historia, segue innovando e poñendo a súa paixón e empeño en crear cociñas pensadas para axudarte.

Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-calidad-certificada-3

Calidade

Inviste nun valor seguro

Os mobles de cociña adquiridos en Santiago Interiores están avalados polas garantías de calidade de Santos. Tanto na selección e tratamento de materiais como na fase de construción, todos os produtos da marca son sometidos a rigorosos ensaios e controis que aseguran ao cliente un produto final de calidade certificada.

Image Santos-Certificados-calidad-1
Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-19-1

Profesionalidade

Formación constante e ilusión

Contamos cun equipo propio e cualificado, que se complementa cunha ampla carteira de colaboradores e provedores, todos eles seleccionados pola súa contrastada experiencia, seriedade e capacidade.

Isto permítenos acometer calquera tipo de proxecto con total garantía.

Preocupámonos por estar ao corrente de todas as novidades e innovacións no sector, conscientes da importancia da nosa formación para ofrecer o mellor servizo.

Image tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-6

Compromiso

Contigo de principio a fin

De principio a fin traballaremos man a man no deseño da túa cociña.

Queremos que dea resposta as túas necesidades, que se converta nun lugar especial para ti e que che axude no teu día a día.

Na túa nova cociña tan só terás que preocuparte por gozar do tempo que pases nela.

O noso compromiso es ti e centraremos os nosos esforzos en lograr a túa plena satisfacción.