Image

Benvidos ao blog de Santiago Interiores

  • blog-tienda-cocinas-santos-santiago-interiores-compostela

Dámosvos a benvida ao blog de Santiago Interiores, a tenda exclusiva da marca de cociñas Santos en Santiago de Compostela. Nesta nova sección compartiremos información de interese relacionada co mobiliario de cociña, a decoración e o interiorismo. Convidámosvos a gozar e seguir este espazo, destinado tanto aos usuarios que xa nos coñecedes como aos que esteades a pensar en renovar ou comprar unha cociña.

Aquí atoparedes argumentos que vos axudarán a elixir o mobiliario e equipamento que mellor se adapta ás vosas necesidades, ideas que vos servirán de inspiración para o voso proxecto, e mesmo receitas que vos permitirán gozar ao máximo da vosa cociña.

Tamén vos manteremos ao día de todas as novidades relacionadas con Santiago Interiores, incluíndo eventos e presentacións, promocións especiais ou reportaxes aparecidas noutros medios.

Este blog vén sumarse á nosa presenza en Facebook, Twitter, LinkedIn e YouTube, onde seguiremos mantendo un contacto directo e fluído con todos vós. Moitas grazas por seguirnos!