Image

I Encontro para profesionais do hábitat en Santiago Interiores

novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-27

Recentemente organizamos na nosa tenda un encontro para profesionais do mundo do hábitat. O seu título, «Converter a cociña no corazón da casa», resume a filosofía que inspirou as últimas novidades en mobles de cociña da marca Santos, presentadas durante o evento.

novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-11
novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-12
novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-14

Tras unha breve recepción, proxectamos aos asistentes o anuncio de lanzamento das novas propostas de Santos, do que destacaron a súa poética beleza. A continuación, convidámoslles a tomar contacto directo con todas as novidades do produto, realizando unha visita guiada polas nosas instalacións. De feito, un dos sinais de identidade de Santiago Interiores é contar cunha exposición de cociñas permanentemente renovada, coa que buscamos achegar aos usuarios o último en cociñas da marca.

Como sorpresa, ofrecemos aos visitantes a posibilidade de gozar dunha orixinal experiencia inmersiva. Así, a través dunhas lentes de realidade virtual, todos puideron entrar nunha vivenda equipada cunha cociña Santos.

novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-23
novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-28
novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-21

O evento pechouse cunha animada reunión informal, acompañada dun delicioso catering do restaurante compostelán A Curtidoría, que serviu para intercambiar e compartir impresións.

novedades-santos-evento-profesionales-santiago-interiores-24

Sen dúbida, o éxito deste primeiro encontro animounos a seguir traballando na mesma liña. Faremos da nosa tenda un punto de encontro para profesionais e clientes que, como nós, queren converter a cociña no corazón da casa.