Image

Receita de Ensalada de bacallau e trufa

Image recetas-ensalada-bacalo-trufa-cocinas-santos-santiago-interiores-02

Xa chegou a primavera e con ela as ganas de preparar receitas frescas e fáciles de preparar. As ensaladas son a mellor opción posto que, ademais de admitir multitude de ingredientes, permiten dar renda solta á imaxinación.

receita de ensalada que Santos nos suxire para o mes de abril combina o bacallau e a trufa, un tesouro gastronómico valorado dende tempos remotos. O aroma privilexiado e sabor intenso deste fungo subterráneo é ben coñecido polos grandes gourmets, quenes o elevan á categoría de manxar.

O aderezo de aceite de trufa co que se completa esta receita outorga un novo significado ás ensaladas. Bastan unhas soas pingas deste aceite para dar un intenso sabor e aroma a calquera elaboración. Animámosvos a preparar esta sinxela pero exquisita ensalada na vosa cociña.

Ingredientes

  • 1 ou 2 trufas negras
  • Canónigos
  • 300 g de bacallau desalgado
  • Aceite de trufa
  • Sal

Preparación do aceite de trufa:

Para facer un aceite de trufa negra básicamente hai que poñer en contacto a trufa co aceite. É importante seleccionar unha trufa de calidade. Ao ser a trufa un alimento perecedoiro, o conveniente é facer pouca cantidade de aceite e utilizalo en poucos días.

Verter aceite en 3 ou 4 recipientes pequenos e planos, deste xeito será maior a cantidade de líquido en contacto coa trufa. Relar a trufa, do mesmo xeito que se rela un limón para aromatizar un biscoito e deixar caer uns copos de trufa sobre cada un dos recipientes de aceite. Cubrir con filme transparente case a nivel do aceite para que quede a menor cantidade de osíxeno posible.

Gardar os recipientes no frigorífico e deixalos alí durante unhas 48 horas. Ao cabo deste tempo, coar e verter o aceite nunha pequena botella.

Preparación da ensalada:

Colocar nun bol o bacallau cortado en anacos, asperxelo con aceite de trufa, cubrilo con filme transparente e deixalo repousar durante unhas horas (2 ou 3). O aceite pódese elaborar ou adquirilo directamente no mercado.

Emplatar, comezando polos canónigos. Salgalos lixeiramente, e entre eles colocar o bacallau en anacos pequenos. Engadir a trufa laminada. Deixar caer un fío de aceite de trufa sobre o conxunto para acabar de aderezar.

Para ver mais imaxes do proceso de elaboración e a presentación final desta receita animámosvos a visitar o blog ToBeGourmet.