Image

Santiago Interiores organiza o showcooking «Cociña creativa: conservas»

cocinas-santos-santiago-interiores-evento-showcooking-clientes-10

O pasado 30 de marzo organizamos en Santiago Interiores o showcooking-degustación «Cociña creativa: conservas», un evento pensado para estreitar lazos con algúns dos nosos clientes, agradecer a súa fidelidade e mostrarlles as nosas novas exposicións, ás que acabamos de incorporar as últimas novidades en mobles de cociña da marca Santos.

cocinas-santos-santiago-interiores-evento-showcooking-clientes-9
cocinas-santos-santiago-interiores-evento-showcooking-clientes-2

A protagonista do evento foi Ana Portals, quen acaba de abrir en Santiago o restaurante Solleiros, tras anos de experiencia en prestixiosos restaurantes como Arzak ou Casa Marcelo.

cocinas-santos-santiago-interiores-evento-showcooking-clientes-22

A chef utilizou unha das nosas cociñas Santos para explorar as posibilidades culinarias das conservas, elaborando ante os asistentes tres bocados baseados nelas: «Bocadillo de Pan Cristal con Berberechos e Guacamole», «Ensalada de Mexillóns Escabechados» e «Escalibada de Sardiñas con Brotes».

Estes nomes escondían receitas orixinais, deliciosas e sinxelas que, grazas ás pormenorizadas explicacións de Ana, calquera podería preparar con éxito na súa cociña. De feito, moitos dos invitados mostráronse definitivamente animados a tentalo tras saborear cada un dos bocados.

cocinas-santos-santiago-interiores-evento-showcooking-clientes-5
cocinas-santos-santiago-interiores-evento-showcooking-clientes-13
cocinas-santos-santiago-interiores-evento-showcooking-clientes-8

Rematada a degustación, o restaurante A Curtidoría serviu un catering doce, acompañado de viños do Porto e Champaña, co que pechamos o evento de maneira distendida e, sobre todo, cun inmellorable sabor de boca.