Image

Novo evento de Santiago Interiores: «Cervexas: cata e maridaxe»

Evento de Santiago Interiores: «Cervezas: cata y maridaje» | Cocinas Santos

O 1 de xuño celebramos na tenda o evento «Cervexas: cata e maridaxe», no marco dos encontros que desde Santiago Interiores realizamos para agradecer a fidelidade dos nosos clientes, estreitar lazos e mostrarlles as principais novidades da marca de cociñas Santos. Nesta ocasión contamos coa participación de Juan Fernández, propietario da Cervezoteca Malte da Coruña. Este experto cervexeiro e catador convidou os presentes a poñer a proba os seus sentidos degustando tres cervexas galegas, maridadas con bocados especialmente seleccionados para a ocasión.

Evento de Santiago Interiores: «Cervezas: cata y maridaje» | Cocinas Santos

Esther García, responsable da tenda de Santiago Interiores, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes, acompañada polo equipo de interiorismo: Sonsoles Cabana, Emma López e Kornelia Osicka.

A cata comezou cunha introdución das cervexas artesás por parte de Juan Fernández, quen desde 2010 é propietario de Malte, unha cervezoteca con máis de 400 referencias e unha variada oferta gastronómica. As cervexas artesás están realizadas con ingredientes de calidade 100% naturais e, a diferenza das industriais, non se pasteurizan, «polo que son un produto máis vivo, que recorda máis a un viño, a un produto gastronómico máis elaborado». O experto cervexeiro explicou que este movemento xurdiu a finais dos anos 70 nos Estados Unidos, e que agora empeza a estar en boga en España e Galicia. Hoxe en día, a comunidade galega conta con 32 fábricas, e en España funcionan máis de 400.

Evento de Santiago Interiores: «Cervezas: cata y maridaje» | Cocinas Santos

A degustación iniciouse con Na Terra dos Xigantes, unha cervexa artesá de estilo IPA (India Pale Ale) elaborada por Jakobsland, unha empresa nacida en Santiago de Compostela da man dun norteamericano, un sudafricano e un vigués unidos polo Camiño de Santiago. Juan animou ao público a identificar as notas de melón, albaricoque e mango desta aromática cervexa, que se serviu en maridaxe cun Tataki de atún vermello con guacamole.

Fix For the Fits, da mesma marca, foi a segunda cervexa da cata. De estilo Imperial IPA ou Dobre IPA, caracterízase por penetrantes aromas tropicais e un agradable amargor final. A bebida maridouse cunha ensalada de tomate cherry con queixo parmesano.

A cervexa Keltius Mosteiro pechou o ciclo coa súa intensidade de sabor e cor. De tonalidade marrón escuro, ao estilo das cervexas belgas de abadía, distínguese polos seus matices doces, de froitos secos e froitas maduras, e un lixeiro toque especiado de fondo. Un bocado de roast beef de vaca galega resultou o complemento perfecto.

Evento de Santiago Interiores: «Cervezas: cata y maridaje» | Cocinas Santos
Evento de Santiago Interiores: «Cervezas: cata y maridaje» | Cocinas Santos

Ao redor das cociñas Santos compartimos cos nosos clientes este descubrimento de novos sabores e matices. Entre o público atopábanse tanto clientes particulares como profesionais (arquitectos, interioristas…). Algúns deles levan xa moitos anos confiando en Santiago Interiores; outros adquiriron a súa cociña recentemente, ou están en proceso de proxecto, polo que foi unha ocasión ideal para seguir coñecéndonos.

Evento de Santiago Interiores: «Cervezas: cata y maridaje» | Cocinas Santos

Luis e Javier, da empresa de servizos para a construción e reformas aKasa, son un exemplo de clientes que nos levan acompañando desde hai moito tempo e cos que sempre é unha satisfacción colaborar polo seu bo facer e profesionalidade. No seu caso, non so recorren a Santiago Interiores para os seus proxectos de empresa, senón tamén para as súas vivendas particulares. Luis, por exemplo, leva 13 anos gozando dunha das nosas cociñas, e incluso as ten recomendado a familiares. De Santiago Interiores destaca o seu trato, así como a relación calidade-prezo das cociñas da marca Santos.

Queremos agradecer aos nosos clientes a súa confianza e a súa asistencia a este evento. Sen dúbida resultou un encontro moi especial, que clausuramos cunha nota moi doce, a da mesa de sobremesas elaborada polo restaurante A Curtidoría, que tamén se encargou da elaboración dos bocados para a maridaxe.