[Actualizado a 31 de maio de 2018]
Os estilos de vida cambian e hoxe en día as cociñas deben responder a novas esixencias. Nalgúns fogares esta estancia gañou protagonismo, abríndose ao salón ou ao comedor. Noutros, a falta de espazo require que as súas funcións se integren en pequenas superficies. En todos estes casos, a orde na cociña resulta fundamental para ter a man os nosos utensilios e alimentos e, ao mesmo tempo, fóra da vista.
Como conseguilo? Dámosche as claves para organizar o interior dos teus mobles de cociña e acadar a ansiada harmonía.
1. Decidir a distribución da cociña: primeiro paso cara a organización e a orde
Estudar o estilo de vida na cociña é esencial para planificar un espazo equilibrado e funcional. Non terá as mesmas necesidades unha familia que fai a compra unha vez á semana con respecto a outra que a fai cada día, ou unha parella que non come na casa con respecto a outra que si o fai.
A distribución tamén debe ter en conta cuestións como cantas persoas traballan habitualmente na cociña, que tipo de actividades se realizan nela, se é aberta ou pechada…
A partir de aí poderemos determinar canto espazo de almacenaxe e de traballo necesitamos, situar cada función e comezar a poñer sobre a mesa ideas para conseguir a desexada orde na cociña.
2. Todo á vista: elixe caixóns en lugar de portas para os teus mobles de cociña
É importante que todo estea accesible e poida localizarse dunha ollada. Aplicando criterios de organización, pero tamén de ergonomía e funcionalidade, os mobles de cociña Santos evitan as portas na zona baixa e potencian a colocación de caixóns.
Deste modo conseguimos unha cociña máis ordenada, na que con só abrir un caixón obteremos unha panorámica do seu contido, evitando ter que abaixarnos e rebuscar.
3. Almacenamento por niveis: ideas para manter a orde
Organizar por niveis é unha moi boa opción para aproveitar o espazo e facilitar a organización e a accesibilidade. En Santiago Interiores seguimos a proxección de Santos, que estrutura os caixóns para mobles de cociña deste modo:
- O primeiro nivel dedícase aos obxectos de uso frecuente, como poden ser os cubertos, coitelos, culleróns, escumadeira e outros utensilios de cociña. As bandexas e accesorios realizados en madeira natural axudan a organizar estes elementos.
- O segundo nivel destínase a vaixela e alimentos. O sistema prateiro desenvolvido por Santos, adaptable a calquera tamaño de prato ou fonte, axuda a ordenar a vaixela. As caixas combinables, pola súa parte, permiten organizar os alimentos.
- Os utensilios de gran tamaño, como as olas, almacénanse no terceiro nivel. A altura do caixón tamén permite gardar botellas e briks.
4. Accesorios que te axudan a organizar a cociña
Se completamos a estruturación en niveis con accesorios para organizar a cociña iremos un paso máis alá. Santos dispón de múltiples solucións para os cubertos, as especias, os coitelos, os rolos de cociña… que permiten dividir os interiores.
No exterior do moble, as canles de accesorios aportan almacenaxe adicional cunha ampla variedade de elementos con diferentes funcións, como estantes multiusos ou porta rolos.
5. Zona de columnas: a limpeza visual é sinónimo de limpeza mental
Todo o mundo cociña mellor nun ambiente sereno e despexado. As zonas de columnas adoitan albergar espazos de almacenaxe e electrodomésticos de grandes dimensións.
En función das necesidades de cada usuario, podemos incluír módulos para gardar provisións, porta útiles de limpeza, porta frigoríficos…
Ademais, as columnas con porta corredeira ofrecen a posibilidade de dispoñer dunha zona auxiliar de traballo, con tomas de electricidade e iluminación propia.
6. Mobles persiana: un recurso para ocultar os pequenos electrodomésticos da cociña
Outra opción para dispoñer dun espazo extra para gardar pequenos electrodomésticos é optar por mobles persiana de cociña.
No sistema desenvolvido por Santos, a fronte da persiana deslízase pola parte superior e traseira do moble, permitindo aproveitar ao máximo a súa capacidade.
7. Mobles altos: abrir e pechar sen tropezar
Os módulos superiores adoitan dedicarse a gardar obxectos como vasos, cuncas ou copas, aos que se accede de xeito fácil e cómodo.
Os sistemas de apertura de Santos non entorpecen o traballo na cociña, evitan o risco de golpes e facilitan unha visión panorámica do interior do moble.
8. Baixo o vertedoiro: os residuos tamén se organizan
E se a orde é imprescindible á hora de cociñar, no o é menos á hora de limpar e xestionar os residuos. Os porta vertedoiros de Santos aproveitan ata o máis mínimo espazo, integrando cubos recolectores e espazo para os útiles de limpeza.
9. Método Konmari: pautas para lograr a orde na cociña
Cada tipo de obxecto só debe gardarse nun sitio. Este é un dos piares do revolucionario Método Konmari de Marie Kondo.
Pero non nos enganemos, por moitas solucións e espazos de almacenaxe que teñamos, o primeiro é desprendernos de todo aquilo que non necesitamos. A norma número un da gurú da orde é desfacerse de todo o que non provoque alegría.
Pola súa banda, a crítica gastronómica Roberta Shira propón no seu libro La alegría del orden en la cocina sacar da cociña todos os alimentos e utensilios que non se coman ou non se utilicen.
Ao final, trátase sempre de atopar a nosa felicidade e benestar nun espazo tan importante na casa como é a cociña. E non hai nada que nos guste máis que poñer o noso pequeno gran de area neste camiño, deseñando cociñas personalizadas con solucións pensadas para facilitar o día a día. Se queres que te axudemos co teu proxecto, encantaranos escoitarte.