En Santiago Interiores incorporamos dúas novas canles á nosa presencia nas redes sociais: Houzz e Instagram. Convidámoste a seguirnos nestes espazos para continuar conversando sobre cociñas, decoración e interiorismo.
Con máis de 700 millóns de usuarios activos no mundo, e 12 millóns en España, Instagram non precisa presentacións. Aquí compartiremos fotografías e vídeos sobre proxectos, imaxes do día a día na tenda e inspiración sobre a nosa maior paixón: o deseño de cociñas.
Houzz é unha plataforma online de arquitectura, deseño e reformas do fogar. Un lugar que conecta a persoas que buscan inspiración, consellos e profesionais para os seus proxectos con decoradores, arquitectos, paisaxistas, tendas de accesorios para o fogar e outros negocios vinculados a estes eidos. Nesta rede social especializada iremos compartindo fotografías dos nosos proxectos, así como consellos que poidan axudar a outras persoas a inspirarse e facer realidade a cociña dos seus soños.
Estas redes sociais súmanse á nosa presencia en Facebook, Twitter, Linkedin e YouTube, onde seguiremos conversando e achegando ideas, experiencias e consellos. Encantaranos escoitarte e conectar contigo en calquera delas. Grazas por seguirnos!