Image

Cociñas Negras: Novas Tendencias para inspirarte

Cocina negra Santiago Interiores

Sofisticadas, modernas e con moito carácter, as cociñas negras levan xa varias tempadas sendo unha das tendencias imprescindibles en deseño de interiores. Non só aportan elegancia e personalidade, senón que ademais facilitan a integración en espazos abertos e axudan a xerar un contraste moi útil tanto para delimitar estancias como para crear ambientes de estilo minimalista.

Aínda que a miúdo se considera o negro unha cor incompatible coa cociña, xa sexa por sombrizo, por ensuciarse con facilidade ou por crear unha impresión demasiado dramática, o certo é que ten moitas vantaxes. É innegable que os tons escuros absorben a luz, pero é posible matizar este efecto en espazos diáfanos e xogando con outras cores como o branco ou a madeira. Hoxe mostramos, a partir de diversas fotos de proxectos de cociñas Santos, como crear unha estancia sofisticada e delicada sen perder luminosidade.

Unha cociña negra repleta de luz natural

Cocina negra luminosa Santos

A cociña desta vivenda proxectada por AEstudio Arquitectura é un bo exemplo de como integrar os mobles negros. O salón, o comedor e a cociña comparten un espazo aberto con grandes fiestras. A distribución en paralelo da cociña tamén favorece a entrada de luz natural. Ademais, para potenciar a luminosidade, utilízase a cor branca en paredes e portas. O contrapunto ao negro tamén o outorga a cálida madeira, presente nos teitos e vigas de abeto laminado, así como na tarima de carballo.

Cocina negra FINE LAH Santiago Interiores

Coas súas formas estilizadas e frontes lisos sen tirador, o modelo FINE LAH laminado Negro Seda da marca de cociñas Santos achega un estilo minimalista, que harmoniza con naturalidade cos elementos rústicos e tradicionais do interiorismo desta vivenda. A cor negra produce un interesante contraste que, ademais de delimitar o espazo, engade forza e personalidade.

Cocina Negra Seda LAH Santiago Interiores

A incorporación de materiais innovadores á nosa cociña tamén está en auxe. O acabado Negro Seda LAH de Santos é supermate e antipegadas e resulta moi suave e agradable. Así a beleza percíbese non so a través da vista, senón tamén do tacto. Por outro lado, a combinación co mesado tamén negro permite crear un conxunto perfectamente integrado, o que redunda na estética depurada do espazo.

Tendencias: cocinas negras | Modelo LINE LAH laminado Negro Seda | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Nesta cociña vimos xa un pequeno compendio das recomendacións para crear un espazo luminoso e atractivo, pero seguiremos profundando nelas.

Cociñas negras con illa para espazos abertos

Cocinas negras con isla Santiago Interiores

No showroom de Espacio Mood, en Madrid, podemos atopar esta cociña negra con illa na que os tons escuros serven para delimitar claramente os distintos ambientes, nun espazo aberto e diáfano onde predomina o branco.

Cocinas negras con isla linea nórdica y funcional Santos

Os mobles contrastan coas tonalidades claras e cos materiais naturais de mesas, bancos e elementos decorativos. As patas das cadeiras altas da illa engaden notas de cor, mentres que as lámpadas reforzan este diálogo entre o branco e o negro. A cociña intégrase así de forma harmónica na liña nórdica e funcional que caracteriza aos espazos Mood, demostrando que o negro tamén ten cabida nos espazos de inspiración escandinava, tan do gusto actual.

Cociña negra rústica: creando un elegante contraste

Cocina negra rustica Santiago Interiores

En ambientes rústicos, unha posibilidade é elixir recios mobles de factura clásica en tons escuros, que é quizais o que un agardaría. Pero as últimas tendencias inclínanse máis polo estilo denominado “rústico moderno” que consiste, simplemente, en contrapor detalles de marcado carácter contemporáneo a outros máis tradicionais.

Cocina rústica negro mate FINE Santiago Interiores

Así, neste proxecto do estudio Ideinterior podemos volver ver como destacan os nosos mobles FINE de liñas rectas, grosor reducido e un aspecto sobrio e funcional. Esta cociña negro mate logra integrarse no espazo sen pasar desapercibida, e entra en equilibrio coa textura rústica da parede e da lareira de pedra.

Cociñas pequenas en negro? Si, pero con certas precaucións

Cocina negra pequeña Santiago Interiores

A cor negra non ten que vetarse nas estancias de dimensións máis reducidas, sempre que as condicións o permitan. É unha opción ideal para cociñas abertas e luminosas (mesmo se son diminutas) pero inadecuado para os espazos sen apenas entrada de luz natural.

En todo caso, é boa idea limitar os tons escuros a so parte do mobiliario (aquí a combinación branco e negro vólvese especialmente acertada), e decantarse por un acabado en alto brillo, que reflicta lea luz. Outra alternativa é empregar o negro en pequenos detalles como a billa, o zócalo, os azulexos ou as cadeiras, para aportar discretos toques de carácter a unha cociña en tons máis claros.

Cocinas negras pequeñas y minimalistas Santos

Cociñas en madeira e negro: cálidas e acolledoras

Cocina negra y madera Santiago Interiores

Combinar negro e madeira é sempre unha opción gañadora, xa que os tons naturais contribúen a suavizar a dureza do negro, dando como resultado ambientes moi confortables e acolledores. O chan de madeira é fantástico para conseguilo, pero tamén é interesante utilizar este material en paneis frontais ou mesmo en toda unha parede, tal e como vemos na imaxe anterior.

Cocina negra con suelo de madera Santos

É habitual utilizar a madeira para o mesado, para a mesa ou para o resto do mobiliario auxiliar. Neste proxecto temos un bo exemplo de como grazas a unha simple barra de almorzar en madeira é posible proporcionar á cociña.

Cociñas en branco e negro: un clásico que nunca pasa de moda

Cocina en blanco y negro Santiago Interiores

O branco é unha das cores máis usadas na cociña, ideal para alixeirar o ambiente, multiplicar a luz e ampliar visualmente o espazo. Así que funciona de forma natural coma un contrapeso para os tons máis escuros, minimizando a absorción de luz e, de feito, parece incluso ganar aínda máis luminosidade por contraste.

Cocinas blancas y negras santos

Sen esquecer que o branco e negro é unha combinación elegante e atemporal, que da moito xogo en ambientes minimalistas, onde se prescinde de todo o accesorio e recórrese a unha gama cromática básica.

Cociñas en negro y gris: dobre sofisticación

Cocina negra y gris santiago interiores

Aínda que non é apto para todo tipo de estancias, empregar o negro e o gris nunha mesma cociña é unha tendencia que vai despuntar con forza nos próximos meses. Está claro que é preciso contar con espazos abertos e moi luminosos, e recorrer ao mesmos recursos anteriormente citados (como o uso de materiais naturais, pintar as paredes de branco, non poñer obstáculos á entrada da luz, prescindir de ambientes recargados…). Pero o resultado paga, e moito, a pena.

Cocina gris y negra con isla Santos

Pódense alternar os mobles altos en negro cunha illa en tons gris mármore, pero tamén cos interiores dos armarios. Por outro lado, as vitrinas son outro imprescindible que sempre suma nas cociñas negras, ao reflectir a luz e aportar lixeireza.

Cun proxecto ben deseñado e equilibrado, as cociñas negras, brillo ou mate, poden construír ambientes minimalistas e sofisticados, sen perder luminosidade e sensación de amplitude. Se queres coñecer de primeira man as posibilidades desta tendencia e recibir asesoramento personalizado, non dubides en contactar con nós.