Image

Marchamos de vacacións, feliz verán!

Image santiago-interiores-cartel-vacaciones-08-2017

Do 7 ao 27 de agosto (ambos inclusive) pechamos as portas de Santiago Interiores por vacacións de verán. Tomamos un respiro para volver coas pilas ben cargadas.

Vémonos á volta, pero mentres tanto, poderás seguir recibindo inspiración e ideas sobre cociña e interiorismo nas nosas redes sociais. Deixamos programados unha serie de contidos en FacebookTwitterInstagram e Linkedin con consellos, tendencias, proxectos moi especiais e receitas para que poidas gozar da túa cociña tamén en verán. Suxerímosche ademais botar unha ollada ao noso recentemente estreado espazo en Houzz, onde poderás consultar os nosos últimos proxectos.

Se tes algunha consulta ou queres solicitar unha cita podes deixarnos os teus datos no formulario, e ao noso regreso poñerémonos en contacto contigo.

Todo o equipo de Santiago Interiores desexámosche un moi feliz verán.