Lavar e pasar o ferro son para moitos uns dos labores da casa máis tediosos. Ademais de poñerlle un pouco de música –este tipo de tarefas sempre se levan mellor coa compañía da radio ou do noso grupo favorito-, hai outros aspectos que nos axudarán a emprender o traballo con máis ganas e a dedicarlle menos tempo. O primeiro é a organización, e o segundo, contar cun espazo equilibrado e agradable. Explicámosche onde e como montar unha zona de lavandería e pasado do ferro funcional e harmónica que aproveite ao máximo o espazo dispoñible.
A distribución
Dispoñer dunha habitación independente é o ideal, especialmente en familias grandes que se enfrontan a grandes montañas de roupa. A elección dun bo mobiliario e o deseño dunha boa distribución axudaranos a ter todo ben organizado. Resulta moi práctico dispoñer de espazos para gardar os cestos da roupa e os deterxentes e instrumentos de limpeza, así como unha zona con perchas para colgar a roupa que se engurra con facilidade.
Na reforma deste piso situado en Santiago de Compostela decidimos aproveitar un espazo anexo á cociña para instalar a zona de lavandería e pasado do ferro. Para isto definimos dúas áreas. A primeira está integrada por unha torre coa lavadora e a secadora, e dous mobles columna nos que gardar os utensilios de limpeza e colgar a roupa. Na segunda, unha zona de mobles baixos con lavabo resulta moi útil para as prendas que precisan lavado a man.
Se o tamaño da vivenda non permite dispoñer dun espazo propio sempre podemos botar man da imaxinación e buscar recunchos desaproveitados na cociña, o baño, o vestidor, a zona do corredor ou incluso a terraza.
Neste piso, tamén en Santiago de Compostela, aproveitamos esta impresionante terraza para integrar a lavandería. A carón da cheminea situamos armarios columna con solucións de almacenaxe e lavandería. Na parte superior, os mobles están equipados con estantes, e na inferior esconden a lavadora, a secadora e portautensilios de limpeza.
A importancia da cor
Xunto á funcionalidade, a aparencia tamén é fundamental neste tipo de espazos. É importante elixir unha gama de cores adecuada, con tons claros e luminosos que proporcionen benestar e dean sensación de limpeza, como o branco, o cru ou o gris claro.
O segredo está no interior
É importante acertar coa distribución e coa elección do mobiliario, pero tamén co deseño interior dos armarios. En Santiago Interiores somos distribuidores exclusivos da marca de cociñas Santos, que nos ofrece múltiples posibilidades para responder a todas as necesidades.
As columnas de lavado e secado permiten integrar a lavadora e a secadora, e incluso reservar espazo de almacenaxe para deterxentes e suavizantes; mentres que as columnas de pasado do ferro reúnen módulos destinados especificamente a estes necesidades: espazo para a mesa e o ferro de pasar, caixóns para gardar a roupa xa lista, e incluso unha barra para colgar as prendas máis delicadas.
As columnas portautensilios de limpeza ofrecen diferentes combinacións: estantes de distintas profundidades e anchos, ganchos para suxeitar vasoiras ou panos, accesorios para os tubos das aspiradoras…
E se queremos ter pequenos electrodomésticos agachados, pero a man, como por exemplo unha máquina de coser, podemos optar por un moble persiana. O interior do módulo, ademais de brindar unha zona adicional de traballo, conta con tomas de corrente e iluminación propia.
Para engadir un plus de funcionalidade, o módulo con saco para roupa posibilitar ter a roupa sucia fóra da vista. A bolsa é de algodón, polo que permite a transpiración de tecidos, e é desmontable e lavable. Ademais, ten dúas asas para que poidamos transportala comodamente se o necesitamos.
Se buscas unha lavandería organizada, funcional e agradable para a túa casa, en Santiago Interiores podemos deseñar para ti un proxecto a medida, adaptado ao teu espazo e necesidades. Non dubides en visitarnos para que poidamos asesorarte; podes reservar a túa cita aquí.