Queres saber por que as nosas cociñas son tan duradeiras? En Santiago Interiores somos distribuidores exclusivos da marca Santos, cuxos mobles se someten a rigorosos ensaios e controis que garanten a súa calidade e durabilidade. Viaxamos ao seu laboratorio para coñecer como se realizan as diferentes probas que permiten que poidas gozar da túa cociña durante moitos anos.
Investir en Santos é investir nun valor seguro. Calidade, funcionalidade e deseño van da man para crear cociñas que te acompañarán e axudarán no teu día a día durante moito tempo. No laboratorio de calidade da marca lévanse a cabo todo tipo de probas tanto das materias primas coas que se fabricará o mobiliario, como das pezas unha vez montadas. Os mobles sométense a avaliacións de resistencia a produtos de limpeza e alimenticios habituais na cociña, a temperaturas elevadas, a humidade, a frotado e raiado… Tamén se realizan ensaios de funcionalidade, analizando a resposta das cociñas ante todo tipo de situacións. Outra parte moi interesante deste proceso é o que realiza unha máquina-robot que efectúa diferentes estudos de durabilidade e fatiga dos mobles, abrindo e pechando as portas continuamente.
Grazas a estas exhaustivas probas, xunto a outras iniciativas de calidade implantadas pola empresa, conséguense cociñas coas máximas prestacións e unha gran durabilidade, que contan con numerosas certificacións, como a ISO 9001. Sistemas de Xestión da Calidade; a Certificación GS: Seguridade Probada, que garante a súa seguridade; ou a Certificación CE para sistemas eléctricos.
A sostibilidade está ligada a esta preocupación constante pola calidade, avalada por distintas certificacións, como a PEFC: Sistema de Certificación Forestal, que garante que a materia prima procede de bosques xestionados de maneira sostible a nivel medioambiental, económico e social; ou a ISO 14001. Sistema de Xestión Ambiental, que certifica que Santos define e implanta un Sistema de Xestión Ambiental que garante a protección do medio ambiente.
A mesma rigorosidade e orientación ao cliente que rexe o deseño e fabricación dos produtos de Santos aplicámola tamén no noso traballo en Santiago Interiores, deseñando cociñas adaptadas ás necesidades das persoas que as van gozar, e coidando ao máximo a montaxe. Ademais, unha vez finalizada a instalación, o noso equipo de posvenda está moi pendente da plena satisfacción dos nosos clientes. Como distribuidores exclusivos de Santos, ofrecemos cinco anos de garantía para o mobiliario.
Buscas unha cociña resistente, funcional e cun deseño moi coidado? En Santiago Interiores podemos asesorarte para facer da túa cociña un lugar especial que te axude no teu día a día… durante moitos anos.