Image

Tendencias: cociñas grises

Tendencias: cocinas grises | Plano laminado de cocinas Santos | Santiago Interiores

As cores escuras aportan sofisticación e personalidade á cociña, e son unha das últimas tendencias en decoración. Xa falamos do negro hai unhas semanas, e nesta ocasión traémosche algúns exemplos e ideas para aplicar as tonalidades grises. Contemporáneo, cálido, elegante… o gris é unha cor moi versátil que pode facer destacar a cociña sen que esta perda a súa esencia minimalista.

Outra das vantaxes desta tonalidade é que podemos xogar coa súa intensidade –regulando o seu maior ou menor protagonismo–, así como combinala coa madeira ou co branco. Este xogo de contrastes ofrece resultados sofisticados e funcionais que se integran moi ben en ambientes nórdicos, minimalistas ou rústicos.

Gris escuro e mesado branco

Tendencias: cocinas grises | Proyecto de Santiago Interiores, distribuidor exclusivo de cocinas Santos

Nesta luminosa cociña, que recibe a luz do sol durante practicamente todo o día, utilizamos o acabado Gris Antracita para aportar volume e carácter. Esta cor contrasta coa tonalidade clara de paredes, teito e mesados, dando como resultado unha estética de liñas puras moi contemporánea, funcional e confortable.

Xogo bicolor

Tendencias: cocinas grises | Umbra-E estratificado | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Unha opción intermedia, que tamén é tendencia, é usar a cor gris só nos mobles baixos, e nos mobles altos utilizar o branco. Neste proxecto de Santos o acabado Gris Antracita dos módulos inferiores e dos armarios columna combínase co branco das vitrinas superiores, e cun mesado de laminado en acabado Nogueira Medio. O resultado: unha cociña moderna, cálida e moi práctica.

Todo ao gris

Tendencias: cocinas grises | Seda Laminado | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Esta cociña de Santos caracterízase pola uniformidade dos tons grises utilizada no mesado e nos frontes, con acabado Gris Area. O contrapunto pono, nesta ocasión, a madeira do chan. Lógrase aquí un equilibrio acolledor e confortable que convida a gozar deste espazo a todas horas.

Un extra de luminosidade

Tendencias: cocinas grises | Plano laminado de cocinas Santos | Santiago Interiores

Se o que buscas é un ambiente moi relaxado e luminoso, podes optar por grises máis claros, que tamén tes a opción de combinar con branco. O modelo sen tirador Plano laminado de Santos cede todo o protagonismo do fronte á harmonía das liñas e a elegancia do Gris Pedra. O seu acabado brillante outorga, pola súa banda, un extra de luminosidade. Se ademais optas por uns módulos superiores en vidro branco, conseguirás un ambiente moi agradable.

Se queres coñecer de primeira man as diferentes opcións de grises e acabados e recibir asesoramento personalizado para aplicar estas tonalidades na túa cociña, non dubides en contactar con nós. Encantaranos axudarte a facer realidade o teu proxecto.