Image

As cociñas de Santiago Interiores, no Top 10 de España de Habitissimo

Image cocinas-blancas-abiertas-santos-santiago-interiores-cocinas-top-habitissimo

A comunidade online de reformas Habitissimo vén de incluír o noso proxecto «Unha cociña aberta ao resto da casa» no seu artigo «As cociñas de deseño máis TOP de España». O blog da coñecida plataforma especializada tamén destaca neste listado varios dos modelos de cociña de Santos, que podes coñecer na nosa web e tenda. Queres saber que deseños forman parte do ranking?

Cocinas Top de España: ranking de Habitissimo | Cocinas Santos | Santiago Interiores

«As cociñas son indispensables no noso fogar, así que adoitamos pasar a vida agardando conseguir a que máis nos gusta». Así comeza o artigo de Habitissimo, que reúne na súa selección 10 cociñas de deseño, «quizais as máis glamurosas de España».

Cocinas Top de España: ranking de Habitissimo | Cocina blanca abierta | Cocinas Santos | Santiago Interiores

A cociña que deseñamos para Alba Castelo, arquitecta e directora da tenda online de decoración Cheer Up non deixa de chamar a atención de medios de comunicación e blogs especializados en decoración e interiorismo. Esta cociña branca aberta ao resto da casa foi unha das escollidas por Habitissimo para formar parte do seu Top 10, polo seu estilo relaxado e familiar. Isto é o que din dela: «Se tes pensado formar unha familia, prepárate, porque os pequenos non deixarán de correr por toda a casa. Agora ben, imaxina que o fan por esta ampla cociña aberta de estilo sinxelo pero familiar. Xa non parece tan grave! Ademais, o branco dos mobles relaxa aos adultos, mentres que os toques de cor vermella, azul ou amarela dan a vida que precisa unha casa con nenos».

Cocinas Top de España: ranking de Habitissimo | Line E estratificado | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Tamén o modelo LINE-E estratificado Freixo Marfil de cociñas Santos conquistou a plataforma online pola súa conexión entre pasado e presente. Combínanse sabiamente o estilo rústico, aportado pola madeira e o chan hidráulico, coas innovadoras prestacións de Santos, que posibilitan frontes de liñas rectas sen tirador.

Cocinas Top de España: ranking de Habitissimo | Minos lacado Blanco BD | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Coa súa radiante aparencia, o modelo Minos lacado Branco BD de Santos brilla con luz propia nesta selección. Habitissimo eloxia a unión de branco e violeta, que orixina «un agradable e xovial aspecto visual». Unha «fabulosa cociña» na que beleza e funcionalidade van da man. A distribución en illa e a localización da zona de columnas permiten crear un espazo moi luminoso, onde interior e exterior compleméntanse e fúndense.

A ti tamén che gustan estas cociñas? Se queres coñecer as múltiples combinacións de mobles, cores e acabados dos modelos de cociñas Santos e recibir asesoría para o teu proxecto, encantaranos recibirte na tenda. Reserva aquí a túa cita co noso equipo de interiorismo.