Image

Cociñas Santos: máis de 60 anos de tradición e innovación

La historia de cocinas Santos: más de 60 años de tradición e innovación | Santiago Interiores

Detrás dos produtos con alma, saber facer e paixón polas cousas ben feitas sempre hai boas historias. O caso de Santos non é unha excepción. Con máis de 60 anos de traxectoria ligados á madeira e as cociñas, o seu obxectivo sempre foi o mesmo: asumir cada novo proxecto como un desafío, combinando experiencia e innovación para crear produtos capaces de sorprender e de superar todas as expectativas. En Santiago Interiores estamos moi orgullosos de ser distribuidores exclusivos desta marca, e hoxe queremos contarche algúns dos principais fitos da súa historia a través do propio José Santos, fundador da empresa, e dalgúns dos seus modelos de cociña máis destacados.

Xunto ao banco de carpinteiro utilizado pola súa familia, xeración tras xeración, e rodeado polos primeiro mobles de cociña saídos da súa fábrica, José Santos lémbranos neste emocionante vídeo documental que «todos os antepasados de Santos eran descendentes da madeira». Paga a pena velo e descubrir como a empresa soubo adaptarse, crecer e internacionalizarse, sen perder de vista as súas orixes e vínculo coa madeira. «Creo que seguirán os netos, os bisnetos e os tataranetos, porque temos o sangue de serraduras, xa metidas nos ósos».

Como ben relata José Santos, as raíces da marca de cociña remóntanse a 1923, a unha pequena carpintería situada preto de Santiago de Compostela e rexentada polo seu pai, Antonio Santos Barrral.

Continuando o legado familiar, en 1952 José Santos abriu un novo obradoiro de carpintería en Boqueixón, e nos anos 60 comezou a fabricar os primeiros armarios de cociña. A década dos 70 supuxo un fito importante, xa que foi por entón cando empezaron a producir módulos independentes, que deixando atrás a fabricación de armarios monocorpo, introducían un novo concepto de cociña compoñible.

La historia de cocinas Santos: más de 60 años de tradición e innovación | Santiago Interiores

Para facer fronte a estes novos desafíos, durante a década dos 80 Santos ampliou notablemente as súas instalacións produtivas e incorporou a fabricación de frontes de madeira natural.

Nos anos 90, a marca ampliou a súa gama de opcións para as portas dos mobles con acabados lacados, laminados ou estratificados. Xurdiu nesta época o modelo MYTHOS, a primeira versión dun fronte sen tirador e unha importante novidade, pola súa pureza de liñas. Tamén durante estes anos, a empresa comezou a traballar co concepto de bloque función, que estrutura a cociña en zonas segundo a súa finalidade. Foron anos de novos investimentos, que permitiron ampliar instalacións e equipamento, e tamén de importantes desenvolvementos que sentaron as bases do sistema de proxección horizontal e de optimización de espazos de Santos.

O novo milenio chegou cargado de novidades, como a serie MINOS, unha evolución da serie MYTHOS sen tirador. Abrir os caixóns sen esforzo converteuse en realidade en 2009 coa introdución dun sistema de apertura asistida. Desde entón, non deixaron de xurdir innovacións que fan das nosas cociñas espazos máis equilibrados, fermosos e funcionais. Sistemas de integración de campás extractoras, sistemas de apertura asistida para os módulos altos, novos accesorios interiores en madeira…

En 2012 Santos presentou tres novos modelos sen tirador, entre eles o modelo INTRA, cun innovador sistema de apertura no que o perfil gola se adaptaba para adquirir as funcións de tirador. A colección 2014 introduciu novas solucións de integración e frontes sen tirador ou con tirador oculto que continuaron camiñando na senda da depuración estética. Un dos últimos capítulos desta historia –por agora– escríbeo a colección 2016, coa que Santos consigue máis cociña en menos espazo, grazas, entre outras cousas, á redución do grosor dos frontes e costados a 1,3 cm.

Que será o próximo? En Santiago Interiores estamos convencidos de que, froito da súa experiencia e capacidade de innovación, Santos seguirá sorprendendo con cociñas duradeiras, fermosas e funcionais pensadas para mellorar o noso día a día.