[Actualizado a 15 de setembro de 2022]
De madeira ou de granito? ¿De acero inoxidable o de cuarzo? Existen moitos tipos de mesados de cociña, e decantarse por un en concreto é, probablemente, unha das decisións máis difíciles á hora de adquirir unha nova cociña.
Cal é o teu estilo? Que tarefas acostumas realizar na túa cociña? Queres un mesado que non precise case mantemento? Buscas que sexa especialmente resistente a pegadas e rascaduras? Necesitas que soporte altas temperaturas? Estas son algunhas das cuestións que tendemos a formular aos nosos clientes para asesoralos na elección do mesado que mellor encaixe coas súas necesidades e proxecto de cociña. Porque non é posible determinar cales son os mellores materiais para mesado de cociña, senón que dependerá do uso que cada un lle dea.
En Santiago Interiores traballamos coas marcas máis prestixiosas e dispoñemos de todo tipo de opcións, así que sempre atoparás algunha que se adecúe ás túas preferencias estéticas e hábitos na cociña.
Mesados de Silestone
Os mesados de Silestone (e outros mesados de cuarzo, como os de Compac) son o resultado dun proceso industrial onde se mesturan partículas de cuarzo natural con resinas de poliéster. As súas principais calidades son a súa dureza e durabilidade, así como a consistencia e gran variedade das súas cores, que as fan aptas para todo tipo de estilos e cociñas. Os mesados de cuarzo son ademais fáciles de limpar e moi resistentes a impactos y rascaduras. Porén, non son tan resistentes ao calor coma outros materiais.
Aínda que, como diciamos, os mesados de Silestone están dispoñibles en múltiples cores, é quizais a branca a máis popular delas. No proxecto anterior, por exemplo, podemos ver un mesado de Silestone Branco Zeus combinado con mobles en Branco Seda Mate e Carballo Rústico Horizontal.
Tamén os mesados de Compac ou Silestone en tons grises son moi demandados, tanto para combinar con mobles brancos como para crear composicións monocromáticas.
Mesados de granito
Os materiais naturais son tendencia, e hoxe en día o mesado de cociña de granito é dos máis utilizados polas súas numerosas vantaxes, entre as que se atopan a dureza, resistencia á calor, ás marcas e manchas, á auga e a humidade e aos produtos abrasivos ou corrosivos. Ademais de resultar unha superficie moi hixiénica e cun bo mantemento, é moi duradeira.
Ao ser unha pedra natural, o tacto é moi agradable, e cada peza é única e irrepetible. Por iso, ningún mesado de granito é igual a outra.
Aínda que adoitamos asociar o granito cunhas tonalidades determinadas, o certo é que o mesado de granito está dispoñible en cores tan variadas como a rosa, a vermella, a verde, a azul, a marrón, a dourada, a branca, a gris e a negra, sendo estas últimos as máis habituais.
Mesados con vertedoiro integrado (Corian e Krion)
Falamos de mesados de resina, superficies sólidas (Solid Surface) de nova xeración, que están compostas en parte por minerais naturais e en parte por resinas sintéticas de gran resistencia.
Trátase de materiais sólidos e homoxéneos que permiten crear superficies de gran dureza que resisten o paso do tempo. Son termoformables, polo que resultan facilmente moldeables, adaptándose a calquera deseño. As placas pódense encolar e lixar ata que as xuntas resultan imperceptibles, evitando a aparición de moho, humidades e bacterias, aínda que pola súa dureza, poden ser máis sensibles a rascadelas. Un dos seus grandes atractivos é que o vertedoiro se pode integrar no propio mesado, dando como resultado un ambiente moi cohesionado, limpo e moderno.
Mesados de madeira e laminados
Os mesados de cociña de madeira aportan unha gran calidez e confort á estancia. Son especialmente adecuadas para interiorismos naturais, nórdicos e rústicos, aínda que en combinación con outros materiais pode crear interesantes ambientes en calquera proxecto.
É recomendable reservar a madeira natural para as zonas auxiliares e optar polos laminados para as zonas de traballo, xa que son máis resistentes e aptos para as áreas de cocción ou augas. Así, un mesado de madeira maciza resulta demasiado delicado para estas zonas de uso continuo, esixindo un mantemento constante e estando sempre en risco de deteriorarse pola humidade ou a calor.
Por iso en Santiago Interiores traballamos cos laminados de cociñas Santos, que reúnen estética e funcionalidade, cunha gran durabilidade e unha aparencia natural e agradable. Existen diferentes acabados para estes mesados de imitación madeira, como carballo, nogueira e olmo.
As cociñas brancas con mesado de madeira resultan moi acolledoras e agradables, cunha estética similar ao estilo escandinavo, mentres que as cociñas negras con mesado de madeira suman á calidez un extra de sofisticación.
Ademais do acabado madeira, Santos ofrece laminados con diferentes aparencias e cores, como a nova gama LAH, que aplica nanotecnoloxía e resinas acrílicas endurecidas para ofrecer un acabado supermate y antipegada, de tacto moi suave e agradable.
É un material que resulta axeitado tanto para frontes como para mesados, posibilitando xerar conxuntos monocor. É ademais resistente á auga, antimoho, moi fácil de limpar e ofrece gran resistencia a golpes, raiado, abrasión, roce e calor seca. Estes mesados están dispoñibles en cores lisas, pero tamén en acabados imitación mármore ou outras pedras.
Mesados de pedra para a cociña
Ademais do granito, hai outros materiais que resultan moi axeitados para os mesados de pedra natural, como poden ser a mármore ou a cuarcita. Os mesados destas pedras calizas son moi resistentes á calor e ás altas temperaturas, e apenas precisan mantemento. Como desvantaxes, podemos mencionar o prezo, que adoita ser máis alto que con outros materiais, ou a súa porosidade, que as fai susceptibles a manchas en contacto con sustancias ácidas.
Destaca especialmente o brillo natural destes materiais nos mesados de pedra branca, que os dota de gran beleza e elegancia, sendo unha elección habitual en estancias que buscan un estilo sofisticado e atemporal.
Mesados de aceiro
O auxe da gastronomía fai uns anos puxo de moda os mesados de aceiro inoxidable, ao ser as máis empregadas na cociña profesional. Son moi resistentes e hixiénicas, e pódense limpar facilmente simplemente con xabón. Aínda que é o material por excelencia para crear un aspecto industrial, esta tendencia comeza a ser menos popular, polo que o aceiro inoxidable xa non se ve tanto nas cociñas.
Mesados porcelánicos
Os mesados porcelánicos son un produto relativamente novo, pero que conta con moitas vantaxes. Son superficies ultracompactas, que utilizan diferentes compostos minerais naturais a moi altas presións e temperaturas, dando como resultado un material compacto, nada poroso e sobre todo, moi resistente (á calor, aos raios do sol, ás rascadelas, á auga…). O seu princip
Os mesados das marcas Dekton e Neolith son dos máis vendidos en porcelánico.
Se estás pensando en cambiar ou adquirir unha nova cociña, recomendámosche asesorarte cun profesional para acertar co mesado que mellor se adecúe ás túas necesidades e estilo de decoración. En Santiago Interiores estaremos encantados de recibirte na nosa tenda, onde poderás tocar e experimentar os mesados da nosa exposición, así como recibir consello do noso equipo de interiorismo. Podes reservar a túa cita aquí.