Os electrodomésticos fannos a vida máis fácil, pero cando están á vista poden restar harmonía e limpeza visual. A tendencia actual, especialmente cando se trata de cociñas abertas, é optar por un deseño de liñas rectas, cunha fachada uniforme e homoxénea. Os electrodomésticos integrados poden axudarnos a conseguir un aspecto minimalista e contemporáneo.
A lavadora, o lavavaixelas e o frigorífico son algúns dos electrodomésticos que poden integrarse no mobiliario, pasando totalmente desapercibidos. Tamén podemos ocultar a campá, xa sexa nos mobles de cociña, ou nun falso teito.
Xunto aos electrodomésticos, é moi importante atopar un mobiliario que permita que esta integración sexa o máis discreta e funcional posible. En Santiago Interiores somos distribuidores exclusivos de cociñas Santos, marca que ofrece múltiples solucións. Queres ver algúns exemplos?
O modelo INTRA-L consegue unha total integración entre os mobles e a arquitectura da casa. Esta cociña dispón dunha zona de columnas con modulación a teito que alberga fornos, frigorífico e conxelador, ademais de amplos espazos para almacenamento. Unha beleza sinxela, sobria e discreta.
Neste proxecto de Santos, equipado co modelo MINOS, o amoreamento vertical do lavavaixelas e o forno axuda a optimizar o espazo. Ademais de proporcionar zonas adicionais para gardar provisións, permite dispor de varios electrodomésticos nunha superficie reducida.
O espazo destinado á cociña nesta vivenda é moi reducido e comunícase coa zona de estar. Por este motivo, optouse por unha campá oculta, máis discreta que a decorativa, e por integrar os mobles columna na parede. Os tubos de ventilación favorecen a circulación do aire xerado polo frigorífico integrado, contribuíndo así a prolongar a súa vida útil.
Por falta de espazo, en moitas ocasións debemos instalar a zona de lavandería na cociña. As columnas de lavado de Santos permiten ter a man a lavadora e a secadora, manténdoas totalmente ocultas á vista. Con só abrir a porta poderemos utilizalas comodamente e, ademais, dispoñer de espazo para gardar deterxentes e suavizantes.
Son moi útiles incluso para vivendas máis grandes, con lavandería independente. Axudan a construír estancias ordenadas, equilibradas e agradables.
En canto ao forno, o microondas e a placa, podemos escoller un deseño en liña coa estética da cociña; neste caso, o negro. Ademais, as solucións dos armarios columna de Santos aportan espazo de almacenamento, ao tempo que aloxan os electrodomésticos dunha forma discreta, funcional e equilibrada.
No caso de que prefiramos que o forno e o microondas estean completamente ocultos, podemos optar por situalos nun moble coplanar. O seu sistema de corredeira permite a apertura total das portas, proporcionando unha gran visibilidade e facilitando o acceso ao seu interior. Unha vez pechadas, quedan perfectamente aliñadas, contribuíndo a unha estética óptima do conxunto. Este armario conta ademais con espazos que facilitan a orde e o almacenamento de alimentos e outros obxectos de uso cotián na cociña. O seu interior pode configurarse de múltiples maneiras, polo que tamén pode resultar moi útil para ter os pequenos electrodomésticos fóra da vista, pero sempre a man.
Se buscas unha cociña cunha estética moi coidada e que ao mesmo tempo responda ás túas necesidades, podemos axudarte. Solicita aquí a túa cita para recibir o asesoramento do noso equipo de interioristas.