Image

Facemos resumo: o mellor de 2017

Hacemos resumen: lo mejor de 2017 | Santiago Interiores | Cocinas Santos

Quen non formula propósitos para o novo ano? Estas datas están marcadas polas listas de bos desexos e obxectivos. Ábrese un espazo en branco que encher de experiencias e aprendizaxes. Para nós son momentos especiais nos que, ademais de fixarnos novos retos, gústanos botar a vista atrás para lembrar os mellores momentos do ano que concluímos. O 2017 foi intenso pero cheo de satisfaccións. Desenvolvemos apaixonantes proxectos, estreitamos lazos cos nosos clientes, reforzamos a nosa presenza dixital para estar máis preto de ti, e incluso conseguimos un premio! Queres saber calos foron algúns dos principais fitos do ano que remata?

1. Compartindo momentos ao redor das nosas cociñas: eventos con clientes

Evento de Santiago Interiores: «Cervezas: cata y maridaje» | Cocinas Santos

En 2017 desenvolvemos distintas iniciativas dirixidas aos nosos clientes para estreitar lazos, agradecer a súa fidelidade e amosarlles as novidades da nosa exposición e da marca Santos. De entre todas elas, lembramos con moito cariño os eventos que celebramos na nosa tenda. O primeiro, en marzo, foi o showcooking-degustación «Cociña creativa: conservas», onde a chef Ana Portals amosounos as posibilidades culinarias das conservas. O segundo destes encontros foi en xullo baixo o título «Cervezas: cata e maridaxe». Da man do cervexeiro e catador Juan Fernández, puidemos pór a proba os nosos sentidos degustando tres cervexas artesanais galegas.

Ao redor das cociñas Santos da nosa exposición, puidemos charlar e compartir impresións cos nosos clientes nun ambiente distendido e diferente. ¡Sen dúbida, repetiremos en 2018!

2. Más preto de ti: novas canles online

Red social de decoración Houzz e Instagram: nuevos canales de comunicación de Santiago Interiores | Cocinas Santos

En marzo inauguramos este blog desde o que escribimos, pensado como unha nova sección para compartir novidades da tenda e información e inspiración sobre mobiliario de cociña, decoración e interiorismo. En verán incorporamos ademais tres novas canles á nosa presenza nas redes sociais: InstagramHouzz e Homify, que se sumaron aos nosos perfís en FacebookTwitterLinkedin e YouTube. Encantounos escoitarte e conectar contigo en todos eles ao longo do ano. Grazas por seguirnos!

3. Proxectos de portada: as nosas cociñas nos medios

Santiago Interiores en los medios: Casa Viva | Cocinas Santos

Outra das grandes satisfaccións do ano foi a ampla difusión dos nosos proxectos nos medios e blogs de decoración e interiorismo. Por exemplo, a cociña que deseñamos para Alba Castelo, arquitecta e directora da tenda online de decoración CheerUp, chamou a atención de medios nacionais e incluso internacionais. Resumímos aquí as principais aparicións.

A cociña en branco e gris con vistas ao xardín que realizamos para unha vivenda na zona da Pobra do Caramiñal tamén apareceu publicada en numerosos medios; así como este vídeo no que Isabel, unha das nosas clientas, cóntanos como foi a experiencia de adquirir a súa cociña Santos. A comunidade online de reformas Habitissimo incluíu un dos nosos proxectos, así como varios modelos de Santos, no seu artigo «As cocinas de deseño máis TOP de España».

Ademais, non puidemos pechar mellor o ano que cun proxecto que a revista Casa Viva levou á súa portada en decembro. Unha espectacular reforma dunha casa dos años 70 con vistas ás Rías Baixas asinada polo estudo de arquitectura 2es+, con cociña deseñada por Santiago Interiores. En breve daremos máis detalles!

4. «Kitchen, the Heart of Home»: os nosos deseños chegan a Taiwán

Casa Escribenta, proyecto de Santiago Interiores destacado en el libro taiwanés «La cocina, el corazón de la casa» | Cocinas Santos

Saber que un dos nosos deseños cruzou fronteiras encheunos de orgullo! A cociña que realizamos para Casa Escribenta é un dos seis proxectos con mobiliario Santos que forma parte do libro Kitchen, the Heart of Home, (A cociña, o corazón da casa). Esta publicación está editada por Xu Hongrong, director xeral de Zun-Chu, tenda exclusiva da marca de mobles de cociñas Santos en Taiwán.

5. Unha web de premio: galardón nos Luxury Advertising Awards

La web de Santiago Interiores, premiada en los Luxury Advertising Awards | Cocinas Santos

E, para pechar, o 2017 non nos pode deixar mellor sabor de boca. Esta web pola que estás navegando, na que puxemos moita ilusión e cariño, recibiu o 15 de decembro o premio ao Mellor Deseño Web de Marca Premium no Festival do Luxo e Marcas Premium, Luxury Advertising Awards 2017. Desde aquí damos as grazas á axencia Desoños por axudarnos a conseguir un espazo online 100% coherente coa nosa filosofía: ofrecer produtos e servizos de alta calidade.

Grazas aos nosos clientes, aos nosos seguidores, ás nosas marcas amigas, aos nosos colaboradores… Grazas a todos por acompañarnos neste gran ano. Feliz 2018 de parte de todo o equipo de Santiago Interiores!