Image

Tendencias en decoración de cociñas para 2018

Tendencias cocinas 2018 | Cocinas Santos | Santiago Interiores

[Actualizado a 5 de xullo de 2018]

Os nosos hábitos cambian, e as nosas cociñas tamén. Hoxe en día esta estancia é moito máis que un espazo funcional; é un lugar de relación e convivencia. Por iso, cada vez é máis frecuente atopar cociñas modernas abertas ao salón, nas que traballar mentres os pequenos xogan, tomar un viño cos nosos amigos ao redor da illa ou preparar a cea mentres comentamos o día coa familia.

As cociñas integradas son unha tendencia en alza, ao igual que as tonalidades escuras; soas ou combinadas con outras cores ou materiais. A funcionalidade, a orde, o aproveitamento do espazo e as estancias diáfanas e luminosas marcan 2018. Presentámoste algunhas das últimas tendencias en mobles de cociña.

Espazos conectados: cociñas abertas

Tendencias 2018: cocina abierta al salón

As cociñas seguen gañando protagonismo nos fogares, converténdose en espazos compartidos destinados non só a comer e cociñar, senón tamén a traballar, descansar e gozar da convivencia coa familia e amigos.

Este tipo de distribución posibilita deseñar estancias máis amplas, luminosas e versátiles, cun gran aproveitamento do espazo.

Nunha cociña aberta debemos coidar especialmente o deseño, buscando un resultado harmónico e equilibrado. Optar por estéticas de liñas rectas, con fachadas uniformes e homoxéneas, é tendencia.

Os mobles de cociñas Santos combinan beleza e funcionalidade, conseguindo a integración do mobiliario na arquitectura da estancia e permitindo que os utensilios e provisións se atopen fóra da vista e, ao mesmo tempo, accesibles e ordenados.

Tendencias en mobles de cociña: tonalidades escuras

Tendencias 2018: cocina negra Santos

O branco seguirá sendo unha aposta segura para as nosas cociñas, pero cores máis arriscadas como o negro e o gris escuro veñen pisando forte en 2018.

Refinamento, elegancia, volume… As tonalidades escuras aportan forza e personalidade. Outra das tendencias é combinar unha cociña negra con mesado na mesma cor para conseguir espazos dun minimalismo extremadamente sofisticado.

Para non perder luminosidade, a cociña Santos da imaxe alíase co branco das paredes e coa madeira do teito e chan, conseguindo un resultado cálido e harmónico. A distribución en paralelo e o seu carácter aberto favorecen a circulación da luz natural.

Pola súa banda, o gris é unha cor moi contemporánea, cálida e versátil, que nos ofrece múltiples opcións. Podemos xogar coa súa intensidade, así como alternalo con madeira ou con branco.

Un dúo con moito ritmo: madeira e cores sólidas

Cocina en dos colores: madera y blanco

Optar por dúas cores, unha para os mobles altos, e outra para os baixos, é tamén tendencia. E non so en binomios clásicos como o branco e negro, senón tamén con novas apostas como combinacións de madeira e cores sólidas.

Os acabados madeira de cociñas Santos, como o Carballo Café, o Carballo Rústico, o Carballo Kairós, o Nogueira Terra ou o Olmo Claro permiten múltiples posibilidades en combinacións con tonalidades como o branco, o gris ou o beixe.

Que non falte la luz: iluminación LED

Iluminación LED integrada en los muebles de cocina

A luz é un ingrediente fundamental na cociña. Este ano a iluminación LED integrada seguirá gañando presencia, pola súa discreción e funcionalidade.

Situado no piso inferior dos mobles altos, o sistema de iluminación de Santos segue esta tendencia, ofrecendo unha luz LED continua e homoxénea, axudándonos na zona principal de traballo.

Santos dispón tamén dun perfil de iluminación exclusivo totalmente personalizable, que incorpora tomas de corrente e unha canle para accesorios. Trátase dun perfil dispoñible nas mesmas tonalidades que os paneis para a parede, de xeito que permite conseguir unha total uniformidade cromática para a zona.

Podes consultar máis detalles no último catálogo de cocinas Santos.

Tendencias en mesados, novos materiais

Últimas tendencias en encimeras de cocin

En canto ás novidades en mesados, as superficies robustas dan paso a outras máis lixeiras, cun grosor que non supera os 2 cm.

As pedras naturais gañan protagonismo, como tamén o fan os materiais de última xeración.

O novo laminado LAH de Santos recóbrese cunha resina superficial que emprega nanopartículas, conferindo ao taboleiro propiedades antibacterianas e antipegada. Ademais, permiten acabados ultramate e rexenerar raias superficiais.

Outra das últimas tendencias en cociñas modernas é empregar o mesmo material para o mesado e para o panel da parede.

Novidades en chans de cociña: para todos os estilos

Últimas tendencias en suelos de cocina

No referente a chans para a cociña, o microcemento é unha tendencia que continúa á alza, permitindo conseguir estilos industriais e minimalistas.

O parquet de madeira nunca pasa de moda, pero en 2018 se reinventa, con formas xeométricas, pezas irregulares de carácter rústico ou cortes en forma de espiga. Ademais, mentres que hai uns anos predominaban as tonalidades escuras, na actualidade fano os chans claros.

Na cociña, polo tipo de actividades que realizamos nela, moitas veces óptase por chans laminados ou por chans de gres con aparencia similar á madeira.

Os chans porcelánicos de formato máis grande, en tons grises, continuarán sendo tendencia este ano.

Últimas tendencias en azulexos para cociñas: nostalxia e cor

Baldosas hidráulicas en la cocina

As baldosas hidráulicas non só se empregan no chan, senón que se estenden polas paredes. Por iso, as empresas de azulexos multiplicaron a súa oferta de deseños, cores, tamaños e acabados para ofrecer novos recursos.

O azulexo volve ás cociñas, con protagonismo de cores, texturas e biselados, como, por exemplo, os azulexos metro.

Electrodomésticos integrables: harmonía e limpeza visual

Electrodomésticos integrados en el mobiliario

Entre as últimas tendencias tamén atopamos a integración dos electrodomésticos no mobiliario de cociña, para configurar fachadas uniformes e homoxéneas.

A lavadora, a lavalouza e o frigorífico son algúns dos electrodomésticos que podemos integrar nos mobles de cociña. Tamén hai múltiples opcións para ocultar a campá, tanto en mobles de cociña como nun falso teito.

Pinceladas de esplendor: detalles en dorado

Os detalles metálicos seguen a gañar presenza. En 2018 o ouro rosado e o cobre deixan paso ao dourado, que se converte no material protagonista para os pequenos accesorios decorativos, así como para patas de sofá ou cadeiras de brazos, lámpadas, mesas auxiliares…

Que che parecen estas tendencias? Atréveste a aplicar algunha delas na túa cociña? Se queres coñecelas mellor e descubrir cales encaixan mellor coas túas preferencias e necesidades, solicita a túa cita co noso equipo de interioristas.