Image

5 ideas para delimitar a cociña

5 ideas para delimitar la cocina del salón | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Xa falamos en varias ocasións das cociñas abertas, un tipo de distribución que segue gañando protagonismo nos fogares, ao facer deste espazo un punto neurálxico dentro da casa. Integrar espazos axúdanos a gañar en amplitude e luminosidade, así como a compartir máis tempo coa familia e amigos. Porén, nalgunhas ocasión interesaranos separar a zona de cociña da sala de estar, xa sexa por unha cuestión de deseño, ou porque buscamos ter a opción de dispoñer de privacidade en determinados momentos. Unha illa de cociña, a mesa do comedor, portas corredeiras… existen múltiples opcións para distinguir ambientes, tanto visuais como físicas. Optar por unha ou outra dependerá das características da nosa vivenda, do noso orzamento, do estilo da cociña e do grao de separación que busquemos. Queres algunhas ideas?

Portas corredeiras: integrar ou separar cun só xesto

5 ideas para delimitar la cocina del salón | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Este tipo de portas son unha boa opción para illar o salón de olores ou ruídos procedentes da cociña. En función da privacidade que busquemos, podemos optar por portas de cristal, que axudan a conservar a luminosidade, ou ben por opcións completamente opacas.

Illa de cociña: punto de encontro

5 ideas para delimitar la cocina del salón | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Una illa central é un elemento moi interesante nunha cociña aberta, converténdose no punto ao redor do que xira a comunicación. Ademais das prestacións que ofrece, permitindo albergar diferentes funcións (vertedoiro, placa de cocción, caixóns…), unha illa (ou unha península) tamén pode axudar a delimitar espazos, sen a necesidade de recorrer a separacións máis drásticas como paredes ou portas.

Muros baixos: separar sen separar

5 ideas para delimitar la cocina del salón | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Outra opción para delimitar conservando a luminosidade e a conexión visual é optar por muros baixos. Ademais de ofrecer certa privacidade, tamén podemos usalos para colocar neles algún elemento decorativo, como por exemplo unhas plantas.

Paredes de cristal: máxima transparencia

5 ideas para delimitar la cocina del salón | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Se o que buscamos é unha separación física total entre cociña e salón ou comedor, pero mantendo o contacto visual e favorecendo a circulación da luz, podemos optar por paredes de cristal. Neste caso, combínanse cun muro a media altura e unha estrutura de metal en negro.

Diferentes alturas: un ambiente para cada nivel

5 ideas para delimitar la cocina del salón | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Se a vivenda o permite, tamén podemos recorrer ao uso de diferentes alturas de chan para distribuír as zonas en diferentes planos, conseguindo crear certa independencia entre cada espazo, sen perder a conexión entre ambos.

Buscas unha cociña aberta con espazos diferenciados? En Santiago Interiores deseñamos cociñas a medida, adaptadas aos teus gustos e necesidades. Pide a túa cita co noso equipo de interioristas, estaremos encantados de escoitarte e asesorarte.