Image

Consellos para iluminar a cociña

Image santiago-interiores-cocinas-santos-iluminacion-integrada-led

A cociña é unha das estancias con máis actividade da casa, e a luz, un ingrediente fundamental para traballar e gozar nela con comodidade. Preparar unha receita, cear en familia, facer os deberes, ler o xornal… as actividades na cociña poden ser do máis variado, e, por iso, son moitos os factores que debemos ter en conta á hora de planificar a iluminación deste espazo.

Antes de decidir que puntos de luz artificial instalaremos, é importante deseñar unha boa distribución para sacar o máximo partido á luz natural, favorecendo a súa difusión por toda a estancia. Os acabados do mobiliario, paredes, chans e mesados tamén poden potenciar ou matizar a súa influencia, xerando contrastes, espazos luminosos ou ambientes mais cálidos e recollidos.

Consejos para iluminar la cocina | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Na cociña, debemos prestar atención a tres tipos de iluminación:

  • Xeral, para crear unha luz uniforme e constante en toda a estancia. Para isto, podemos utilizar luces empotradas, plafóns de teito… Se ademais nos decantamos por iluminación LED, non só conseguiremos aforrar, senón que estaremos optando por unha solución máis sostible.
  • Ambiental, para iluminar determinadas zonas e crear unha atmosfera agradable. Por exemplo, lámpadas colgantes encima dunha illa, luz nunha vitrina…
  • Funcional, para traballar de forma confortable e segura. Refírese aos puntos de luz proxectados sobre superficies como o mesado ou a placa de cocción, que nos axudan a ter unha visión axeitada dos alimentos e utensilios necesarios para cociñar.
Consejos para iluminar la cocina | Cocinas Santos | Santiago Interiores

En Santiago Interiores somos distribuidores exclusivos da marca de cociñas Santos, que conta con solucións integradas de iluminación discretas e moi prácticas. A iluminación LED, integrada no piso inferior dos mobles altos, ofrece unha luz continua e homoxénea. Pola súa parte, o perfil LED exclusivo de Santos incorpora tomas de corrente e unha canle para accesorios. Non só é moi funcional, senón que tamén o podemos complementar con paneis decorativos, que axudan a dotar de maior uniformidade cromática ao conxunto.

Consejos para iluminar la cocina | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Se a túa cociña vai dispor de illa, tamén é moi importante prestar atención á súa iluminación, xa que se trata dun espazo que normalmente condensa varias funcións. As lámpadas colgantes adoitan ser unha solución funcional e estética. Ten en conta que, se a illa inclúe unha campá decorativa, actuará como unha lámpada máis, proxectando unha útil luz sobre a superficie de cocción.

As túas necesidades, os teus gustos, as túas rutinas, o teu estilo de vida… Son moitos os factores que hai que ter en conta á hora de decidir non só a iluminación da túa cociña, senón todos os detalles do seu deseño. Por iso, en Santiago Interiores realizamos proxectos personalizados, adaptados a ti. Reserva a túa cita para asesorarte co noso equipo de interiorismo. Encantaranos axudarte a facer realidade a túa cociña.