Image

Como deseñar cociñas pequenas

Image cocinas-pequenas-santos-santiago-interiores-espacios-abiertos

A pequenos espazos, grandes ideas. Se a estancia destinada a acoller a túa cociña é máis reducida do que che gustaría, non te preocupes, tamén ti podes gozar dun deseño cómodo, equipado, moderno e adaptado ás túas necesidades. Esta semana no blog dámosche algunhas claves para aproveitar os metros ao máximo.

1. Sacar partido ao espazo: cuestión de distribución

Cómo diseñar cocinas pequeñas | Cocinas Santos | Santiago Interiores

A distribución dunha cociña é sempre importante, pero nun espazo pequeno resulta clave. En liña, en paralelo, en U… non hai unha disposición única; a súa elección dependerá da forma da planta.

Nesta cociña do proxecto Casa Chao, dos arquitectos Creus e Carrasco, a estreita superficie levounos a optar por unha distribución lineal que reúne nunha única parede cega todo o mobiliario. Esta elección tamén favorece a entrada de luz natural.

2. Cociñas integradas para gañar metros

Cómo diseñar cocinas pequeñas | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Eliminar tabiques axúdanos a gañar en espazo e luz á hora de lograr estancias versátiles que se converten no centro do fogar. Tamén podemos inclinarnos por solucións intermedias, como portas corredeiras ou separacións de cristal.

Nesta vivenda optamos por un deseño de cociña aberta que permite aproveitar os metros ao máximo. A península e a mesa do comedor axudan a delimitar o espazo e marcan a transición cara a zona de estar. A cor branca e as frontes lisas aportan lixeireza visual e luminosidade, atopando o seu contrapunto no moble negro do salón. Pola súa banda, a madeira da mesa de comedor e dos listóns que separan a cociña da entrada, engaden unha nota cálida ao ambiente. A península e a mesa axudan a delimitar o espazo e marcan a transición cara a zona de estar.

3. Preservar a luz, sempre (e máis en cociñas pequenas)

cocinas-blancas-abiertas-salon-diseno-santos-santiago-interiores-cheerup-03

A luz natural é clave para que os espazos parezan máis amplos. Por iso, á hora de decidir cuestións como a distribución ou a cor do mobiliario, mesados, chans e paredes, debemos intentar non só preservar, senón multiplicar a luminosidade.

O branco é sempre unha aposta segura para conseguir este obxectivo, que podemos combinar con toques de cor en accesorios ou no mesado. Ademais de coidar a difusión da luz natural, tamén debemos estudar axeitadamente a iluminación artificial para crear un ambiente agradable e funcional.

Neste proxecto, grazas a unha distribución en U logramos un espazo moi práctico en tan só 5 m2. A vivenda recibe abundante luz natural procedente dunha terraza con teito e portas de cristal, unha vantaxe que se aproveitou para configurar unha confortable zona de día, onde cociña, salón e comedor comparten espazo e luminosidade.

4. Organización, organización e organización

cocinas-pequenas-santos-santiago-interiores-orden

En calquera cociña, e máis se as dimensións son reducidas, é importante que todo estea accesible e se poida localizar dunha ollada. Non só conseguiremos traballar de xeito máis cómodo, senón que o espazo parecerá máis grande. Os mobles de Santos, marca da que somos distribuidores exclusivos, ofrecen múltiples solucións para poder ter a nosa cociña ordenada e optimizar os espazos de almacenamento. Xa falamos delas nalgunha ocasión.

5. Minimalismo na cociña: menos é máis

Cómo diseñar cocinas pequeñas | Cocinas Santos | Santiago Interiores

Ao deseñar espazos pequenos debemos procurar ambientes limpos e ordenados, eliminando elementos que entorpezan o traballo e ornamentos que sobrecarguen visualmente a estancia. As liñas puras do mobiliario de Santos, así como as súas solucións de integración e almacenamento, permiten crear cociñas modernas e minimalistas.

En Santiago Interiores realizamos proxectos a medida, adaptándonos ao teu espazo, gustos e necesidades. Se tes unha cociña pequena e precisas axuda para sacarlle o máximo partido, encantaranos axudarte. Solicita aquí a túa cita co noso equipo de interioristas.