Image

Un proxecto de cociña aberta de Santiago Interiores, escollido “Cociña da semana” en Houzz

Cocina abierta al salon comedor en Santiago

O portal de arquitectura, deseño e reformas do fogar Houzz vén de publicar na súa revista un dos nosos proxectos de cociña aberta ao salón. A estancia enmárcase nunha espectacular reforma deseñada por Alba Castelo, arquitecta e directora da tenda online Cheer Up, no seu piso de 55 m2 con terraza no Ensanche de Santiago. O espazo máis importante da casa é a zona de día integrada, con salón comedor, cociña e terraza, nun único espazo.

“A diferencia e a sensación de fogar que da facer todo xuntos non ten prezo”, afirma Alba no artigo de Houzz, que destaca o proxecto como “Cociña da semana”.

Salón comedor y cocina abierta en Santiago

O corazón do fogar: cociña aberta ao salón

A Revista Houzz publica varias fotos deste salón cociña, un espazo único, amplo e diáfano, ao que tamén conflúen zonas de acceso, comedor e terraza cuberta. “Se hai rapaces xogando, téñoos á vista; e se temos amigos ou familia, non perdo as conversas por ter que estar facendo algo na cociña”, declara Alba.

A reforma para abrir a cociña ao salón e á terraza tamén permite que este piso de Santiago goce de abundante luz natural, un aspecto que se potencia a través dun interiorismo marcado polo predominio do branco en paredes, teitos e mobiliario. O contrapunto atópase nas pinceladas de cor aportadas polos coxíns, cadeiras e elementos decorativos que, sumadas aos acabados cálidos de mesado, mesa do comedor, sofá do salón e pavimento, crean un ambiente alegre, desenfadado e moi acolledor.

Con vistas: terraza integrada na cociña

Nas fotos tamén se aprecia unha enxeñosa solución que permite integrar a terraza na cocina. Grazas a dous peches móbiles, un para o teito e outro para a parede, conséguese sumar a terraza á vivenda, e á vez illala do exterior. Unha opción moi adecuada para as inclemencias que sufrimos en Santiago, permitindo gozar deste espazo durante todo o ano.

Terraza cubierta integrada con la cocina

Todo a un paso: distribución en U

O noso equipo de interiorismo de Santiago Interiores dispuxo esta cociña integrada nun recuncho da planta, equipándoa con todo o necesario para almacenar e traballar nunha superficie de só 5 m2. “A cociña está moi ben aproveitada; nela gardo, incluso, cousas que non son de cociña”, declara Alba a Houzz sobre o espazo de almacenaxe.

A disposición da cociña en U permite que todo se atope a un paso á hora de cociñar. A distribución xera un espazo central despexado que favorece a liberdade de movementos. Un dos extremos ocúpao unha composición de columnas, mentres que no outro proxectouse unha península. Entre ambos sitúase a zona de fregado.

Deseños minimalistas: modelos LINE-E e ARIANE 2 de Santos

Esta cociña en Santiago conta cunha combinación dos modelos LINE-E e ARIANE 2 Blanco Seff de Santos, dous deseños minimalistas que se integran discretamente na arquitectura da casa, como se pode apreciar nas fotos.

Cocina con distribución en U con península

Máxima funcionalidade: cociña con península

A península desta cociña en U concentra as principais funcións, incluíndo a zona de cocción e unha ampla superficie de traballo que, ao prolongarse nun dos seus laterais, tamén pode funcionar como barra para almorzos ou xantares rápidos. “Durante o almorzo, un vai facendo zumes e torradas, mentres outro xa está sentado esperando. Agora, xa temos de compañeira á nosa nena de 4 años, que goza sentándose con nós nas cadeiras altas… e sentíndose maior”, conta Alba.

Potenciar a luminosidade: cociña branca

O acabado Blanco Seff dos mobles de cociña aproveita e potencia a luminosidad da estancia. Como Alba explica a Houzz, “o branco é todo o contrario a unha cor sosa. É máis ben como o lenzo base que da a opción de facer calquer cousa sobre el. Combinado coa cor area da un toque moi acolledor. E así tes a posibilidade de xogar con todos os complementos”.

Cocina blanca abierta al salon comedor

Podes ler o artigo completo na Revista Houzz. Tamén tes máis detalles e fotos no noso perfil de Houzz e na nosa sección de proxectos. Aquí podes ver ademais outras aparicións en prensa deste proxecto.

Se ti tamén queres unha cociña aberta para a túa casa, podemos asesorarte sobre as diferentes opcións e posibilidades. Solicita a túa cita co noso equipo de interioristas. Encantaranos escoitarte e axudarte a facer realidade a cociña dos teus soños.

Fotografía | Esther Taboada