Image

Nova exposición de cociñas Santos en Santiago Interiores

Exposición de cocinas en Santiago

Queremos ofrecerche as últimas novidades, que poidas experimentar en primeira persoa os distintos acabados, solucións e sistemas de organización da marca Santos. Por iso, renovamos a nosa exposición de cociñas en Santiago, con cinco novas composicións que enriquecen o catálogo vivo que construímos na nosa tenda para ti. Para que poidas inspirarte, para que poidas decidir como será a túa futura cociña.

A través dos distintos modelos e acabados poderás coñecer as diferentes opcións e posibilidades de Santos.

A exposición reúne distribucións de cociña en L, lineais, con illa, completos armarios columna, acabados en negro, branco, madeira…

Presentamos as nosas novas cociñas!

LINE LAH: máis cociña en menos espazo

Exposición de cocina Negro Seda Line LAH

Entre os mobles de cociña en exposición non podía faltar unha das últimas propostas de Santos: o modelo LINE LAH laminado en Negro Seda.

As súas frontes e costados de grosor reducido ofrecen un conxunto estilizado, lixeiro e elegante. O seu acabado supermate e anti-pegada, suave e resistente, confírelle unha beleza que se percibe non só a través da vista, senón tamén do tacto.

O deseño desta cociña complétase cun mesado co mesmo acabado Negro Seda e cun panel de parede de laminado Carballo Rústico Sincro, que achega contraste e calidez, reproducindo a textura natural da madeira, cos seus nós, brotes e fendas.

No seu interior continúa este diálogo entre o negro e a madeira, cos novos caixóns superiores de Santos en madeira de freixo oliveira. O equipamento inclúe sistemas apertura asistida para a neveira e os caixóns inferiores, así como o novo perfil de iluminación da marca, personalizado co mesmo acabado Carballo Rústico da parede.

Cociña LINE-E en branco e gris: unha combinación gañadora

Cocina blanca y gris LINE-E en exposición

Outra das propostas da nosa nova exposición de mobles de cociña é este deseño LINE-E, con frontes estratificados en Branco Innsbruck, en contraste cun mesado e un panel en laminado LAH Gris Visón Seda.

Seguindo a proxección de Santos, a zona baixa estrutúrase en tres niveis, facilitando a organización e ofrecendo a máxima capacidade de almacenamento. Os mobles altos contan cun sistema de apertura lateral. Na parede da esquerda intégranse forno, lavavaixelas, frigorífico e conxelador, así como un discreto sistema de ventilación.

A iluminación LED, integrada no piso inferior dos mobles altos, ofrece á cociña unha luz continua e homoxénea. O perfil de iluminación, que incorpora enchufes e unha canle para accesorios, está personalizado en gris, a xogo co panel da parede.

Cociña con illa en gris e nogueira: sofisticación e elegancia

Exposición de cocina gris y nogal

Entre os mobles de cociña en exposición atópase tamén esta composición con illa, un deseño LINE-E que combina os acabados Gris Visón Seda e Nogueira Terra cun mesado de granito natural nacional con acabado apomazado. Un resultado de tendencia, sofisticado e elegante.

Ademais de pola súa estética, esta cociña destaca pola súa funcionalidade, cunha composición de armarios columna, mobles baixos e mobles altos, que albergan os electrodomésticos e permiten gardar de forma ordenada alimentos, vaixela e utensilios de limpeza. O perfil de iluminación tamén se reviste de Nogueira Terra, para pasar totalmente desapercibido.

A cociña complétase cunha illa con zona de cocción e gran capacidade, con tres niveis de caixóns e unha barra na súa parte posterior.

Cociña LINE-L en madeira e cristal: xogo de materiais

Cocina en madera y cristal en Santiago Interiores

Un equilibrado xogo de materiais conforma esta cociña, que utiliza cristal branco mate nos mobles altos e no panel da parede, laminado Carballo Café Sincro nos mobles baixos e columnas e mesado de granito Negro Zimbabwe en acabado anticato.

A campá, telescópica, queda totalmente integrada grazas ao perfil de iluminación de aluminio de Santos, que inclúe tomas de corrente.

O sistema de apertura dos mobles altos é basculante, facilitando o acceso ao seu interior e aproveitando o espazo dispoñible. Algúns dos módulos dispoñen de sistema de apertura asistida.

As liñas puras e simples das frontes e a lixeireza visual do vidro alíanse coas sofisticadas tonalidades e texturas do mesado e dos mobles creando unha cociña con personalidade, pero facilmente integrable na arquitectura da vivenda.

Cociña KARMEL lacado: cálida e funcional

Exposición de cocina blanca Karmel en Santiago Interiores

Cálida, fermosa e funcional. Así é esta cociña, con deseño KARMEL lacado en acabado en Branco Perla Seda Mate e mesado de laminado Carballo Rústico Sincro.

O tirador está integrado nas frontes e lacado na mesma cor. O equilibrio visual acompáñase dun tacto exquisito, tanto na agradable textura do mesado como no sedoso acabado do mobiliario.

A zona de columnas conta cun moble de apertura coplanar que oculta o forno e o microondas e inclúe unha zona de traballo adicional con toma de corrente e iluminación.

Ven visitar a nosa exposición

Gústanche as nosas novas propostas?

Reserva a túa cita con nós para coñecelas na nosa tenda de Santiago. O noso equipo de interioristas poderá asesorarte e crear para ti un proxecto personalizado.

Lembra que podes consultar na nosa zona de outlet as composicións en liquidación por cambio de exposición de cociñas.

Fotografías: Andrés Fraga | Estilismo: Kornelia Osicka