Hai unhas semanas anunciabamos o noso primeiro sorteo en redes sociais, cun dos nosos accesorios favoritos de Santos: o tallo. Noemí, a nosa gañadora de Instagram, xa pasou pola tenda para recollelo. E a gañadora de Facebook, Esther, moi pronto poderá poñelo en uso na súa nova cociña Santos. Parabéns!
Unha táboa de cortar moi especial
Picar, partir, cortar, pelar laminar… o tallo de Santos resulta moi funcional. É, ademais, unha peza única, que aporta un toque especial a calquera cociña. Está especialmente pensado para o corte de carnes, peixes e alimentos de gran dureza, e fabrícase de xeito artesanal en madeira de pradairo.
Non perdas os nosos próximos sorteos
Síguenos nas nosas redes sociais para estar ao tanto das novas convocatorias. Tamén podes subscribirte á nosa newsletter para non perder ningún sorteo e, ademais, recibir os nosos contidos, con receitas, proxectos de cociña e as últimas novidades de Santos.