Image

14 cociñas con illa para inspirarte

Image cocina-blanca-con-isla-moderna

Centro de reunións, unha práctica superficie para traballar, espazo extra de almacenamento, un lugar para almorzar… As illas de cociña poden ser todo isto e moito máis. Ao seu arredor flúe a actividade, a vida. Son un punto neurálxico de comunicación e un recurso moi recomendable para aproveitar o espazo e conseguir cociñas modernas, prácticas e funcionais.

Soñas coa túa illa particular? Velaquí 14 exemplos para inspirarte.

Cociñas pequenas con illa (ou península)

Cocina Blanca con Península

Admitamos que, para que as cociñas con illa sexan realmente prácticas e funcionais, na maioría dos casos necesitaremos unha estancia cunhas dimensións medianas ou grandes. Porén, hai unha opción intermedia que nos permitirá aproveitar ao máximo o espazo e sacar partido de moitas das vantaxes da illa: a península.

Neste proxecto, unha distribución en U fai posible unha cociña moi completa, en tan só 5 m2. A península concentra as principais funcións, incluíndo a zona de cocción, unha ampla superficie de traballo e unha barra para almorzos ou xantares rápidos.

Cocina pequeña con Península

As penínsulas son unha boa opción para delimitar espazos en cociñas pequenas abertas ao salón, creando estancias cómodas, modernas e moi funcionais.

Cocina pequeña con península abierta al salón

Nestes casos, as penínsulas marcan a transición cara a zona de estar e axudan a crear espazos abertos e diáfanos.

Cociñas grandes con illa

Cocina grande con Isla

As illas son unha opción moi recomendable en espazos grandes, favorecendo a comunicación e interacción dos usuarios. Ao tratarse de módulos illados, con catro costados libres, son moi versátiles e flexibles.

Cocina grande blanca con Isla

Para que os desprazamentos sexan cómodos e os movementos fluídos, é importante estudar o espazo. En canto ás medidas, o recomendable é que entre a illa e o resto do mobiliario exista unha distancia de entre 90 cm e 110 cm.

Cocina grande con dos Islas

Ademais, teremos que ter en conta a súa relación co resto da distribución, en especial coa zona de traballo que se sitúe en paralelo, repartindo de forma funcional as zonas de cocción, lavado e almacenaxe.

Se dispoñemos dun espazo moi amplo como o da foto superior, incluso podemos optar por instalar dúas completas illas multifunción enfrontadas.

Cociñas con illa central

Cocina grande con Isla central

Articular a estancia ao redor dunha illa central é unha moi boa solución para sacar partido ao espazo. En Santiago Interiores gústanos escoitar aos nosos clientes para coñecer as súas necesidades, preferencias e estilo de vida, e así deseñar cociñas adaptadas ás súas necesidades. As illas poden ter diferentes finalidades, en función das prioridades dos seus usuarios. É importante preguntarnos a que queremos dar máis importancia. A cociñar? A limpar? A preparar alimentos? Ou a comer?

Medidas de la Isla de una cocina

Se destinamos os mobles da illa a cociñar, debemos considerar un tamaño mínimo de 2 metros, tendo en conta que as campás decorativas teñen unhas dimensións de entre 90 e 120 cm. Se apostamos por illas multifunción, con placa, vertedoiro e lavavaixelas, teremos que ampliar a superficie ata achegarnos aos 3 metros.

Illas de cociña con mesa

Isla de cocina con barra

En ocasións resulta moi práctico dispoñer dunha barra para almorzos ou xantares rápidos. A illa deste proxecto destínase exclusivamente a este fin. Nun dos seus extremos apóiase sobre un moble de servizo, que queda totalmente integrado no conxunto.

Cocina con Península y mesa

Tamén podemos optar por conectar a illa (península, no caso da fotografía) cunha mesa de comedor, enlazando a zona de preparación do alimento coa de consumición.

cocina-con-isla-barra-taburetes

Outra posibilidade é anexar unha barra sobre o mesado como neste exemplo. É recomendable que a altura desta barra sexa duns 110 cm, algo por riba da altura das illas, que adoita ser duns 90 cm.

Cociñas brancas con illa

Cocina blanca Santos con Isla

O branco axuda a potenciar a luminosidade e a crear espazos equilibrados. Se ademais optamos por frontes de liñas puras como as do modelo INTRA de Santos, lograremos un resultado moi minimalista.

Cocina blanca con isla minimalista

A distribución en illa e a elección da cor branca multiplican a claridade desta cociña. As liñas depuradas do mobiliario permiten equipala ao detalle sen recargala.

Cociñas abertas con illa

Cocina negra abierta con Isla

Nos últimos anos a cociña pasou de ser unha estancia funcional a converterse nun lugar de convivencia e reunión. Cociñar mentres os pequenos xogan, preparar a cea mentres charlamos cos nosos convidados, gozar de lectura e café na illa… todo isto é posible nunha cociña aberta.

A illa xoga un papel fundamental neste tipo de distribucións, como elemento central de comunicación, e funcionando en moitas ocasións como unha transición natural entre a cociña e o salón ou o comedor.

Se estás pensando en reformar a túa cociña e queres contar cunha illa, encantaranos axudarte a conseguir un proxecto adaptado aos teus soños, necesidades e espazo. Solicita aquí a túa cita co noso equipo de interioristas.

Tamén poder ver máis deseños no post Novas tendencias en cociñas con illa.