Image

Chans para cociñas: cales son os mellores?

Baldosas hidráulicas en la cocina

Humidade, restos de comida, caídas de obxectos, pegadas… o chan da cociña ten que facer fronte a múltiples desafíos. Por iso é fundamental escoller aquel que mellor se adapte á nosa casa e estilo de vida. Sen descoidar a estética, é importante buscar funcionalidade e comodidade.

Por outro lado, é cada vez máis habitual que a cociña se abra a outras estancias como o salón ou o comedor, polo que neste tipo de casos deberemos considerar o conxunto, buscando a continuidade visual ou unha transición harmónica entre as distintas áreas.

Na actualidade, son múltiples as opcións que temos á nosa disposición, tanto no que se refire a materiais como na variedade de acabados. A decisión pode resultar, por tanto, complexa e un tanto abafadora.

Cales son os mellores chans para a cociña? Non hai unha resposta única. Depende das nosas necesidades, espazo e gustos. Velaquí algúns dos principais tipos:

Chans de gres para cociñas: máxima practicidade

Suelos de gres para cocinas

Fácil mantemento, múltiples deseños e acabados, antiescorregantes, doados de limpar, impermeables, económicos, compatibles coa calefacción radiante… As vantaxes deste tipo de materiais son múltiples e, por iso, son dos máis utilizados na cociña.

En contra? Principalmente, que non transmiten unha sensación cálida nin teñen tanto encanto como, por exemplo, a madeira.

Podemos diferenciar entre:

Chans porcelánicos para cociñas

É unha categoría superior dentro deste tipo de materiais. A base é unha baldosa cerámica prensada en seco, con moi baixa absorción de auga e unha elevada resistencia mecánica.

É un chan compacto e duradeiro, esteticamente moi vistoso. O prezo é algo superior, e a súa colocación máis custosa, con respecto aos chans de cerámica.

Resulta unha superficie hixiénica, difícil de rachar ou raiar. Comercialízanse múltiples acabados e texturas, incluso en gamas que imitan a outros materiais como, por exemplo, a madeira.

Suelos porcelánicos para cocinas

Ademais, permite baldosas de maior tamaño, con arestas recta (rectificado). De feito, unha das últimas tendencias é utilizar grandes formatos que, cun menor impacto da xunta, ofrecen maior sensación de chan continuo e axudan a ampliar visualmente o espazo.

Chans de cerámica para cociñas

Os chans de cerámica ou gres esmaltado son placas de tamaño inferior, formadas por unha capa de arxila cocida cun acabado en esmalte cerámico.

Son resistentes á humidade e ao vapor e fáciles de limpar. Están tamén dispoñibles nunha ampla variedade de acabados.

Pola contra, non son tan resistentes como as baldosas porcelánicas, e as posibles fendas son máis visibles, xa que resaltan máis no esmalte. 

Chans laminados para cociñas: resistencia e funcionalidade

Suelo laminado en cocina abierta al salón comedor

Os chans laminados fabrícanse con varias láminas pegadas e prensadas que ofrecen unha aparencia estética similar á da madeira. O núcleo destes laminados é un panel de fibras de madeira de alta densidade sobre o que se adhire unha lámina cunha imaxe en alta resolución. Unha capa superior de resina garante a súa protección e facilita a limpeza.

Hoxe en día hai imitacións moi logradas, dispoñibles nunha gran variedade de tons e acabados.

Outro dos puntos fortes do chan laminado na cociña é que non require dun mantemento periódico e non se raia co roce dos zapatos. Iso si, as rabuñaduras non se poden arranxar.

Instálase moi facilmente —sen necesidade de retirar o pavimento antigo—, e soporta ben o paso do tempo, as manchas e o sol. Conta cun sistema de selado que evita que se filtre a auga e ten un alto nivel de resistencia, tanto ao desgaste como aos impactos.

Chans de madeira para a cociña: espazos acolledores

suelo-madera-cocina-line-negra-santos

Por moitos imitadores que teñan, o certo é que os chans de madeira son incomparables. Ningún pavimento iguala a sensación cálida e a capacidade para crear ambientes acolledores, cómodos e agradables.

A madeira nunca pasa de moda e adáptase a diferentes estilos. Ao ser un material natural cada chan é único e irrepetible, coas súas propias vetas, nós e debuxos. É ademais renovable, reciclable, sólida e duradeira.

Podemos atopar diferentes tipos de madeira, como tarima maciza, de tabliñas ou parquet multicapa.

Ao igual que o microcemento e os laminados, o parquet para cociña é unha solución moi adecuada cando esta estancia se abre ao salón ou ao comedor, e buscamos crear unha continuidade visual entre ambos ambientes.

Pero unha cociña con chan de madeira, claro está, tamén ten os seus inconvenientes. En primeiro lugar, é un material sensible á humidade, e a mesma pouca dureza que reduce as posibilidades de que os obxectos rompan ao caer fai que sexa máis vulnerable a golpes, riscaduras, zonas desgastadas e marcas do día a día. Iso si, é posible lixalo para reparalo.

Chans de microcemento para cociñas: estilo contemporáneo

Suelo de microcemento para cocinas

Se buscas un aspecto industrial e minimalista, o microcemento é unha opción moi adecuada. Como se pode observar nas fotos, conséguese un piso continuo e sen xuntas, de estética moderna.

A súa limpeza é cómoda e sinxela, funciona moi ben con chan radiante e é resistente á auga, ao lume e a todo tipo de impactos.

Pódese aplicar sobre superficies xa construídas e as súas posibilidades creativas son múltiples, xa que mediante pigmentos que se aplican á fórmula pódense obter un gran número de cores e matices. Tamén son moi interesantes as combinacións de microcemento e baldosas porcelánicas.

En relación aos prezos, o importe final dependerá da cantidade de metros cadrados a revestir e da complexidade do traballo (do estado da superficie, da existencia ou non de obstáculos…). Canto maior sexa a superficie máis rendible resultará, polo que non é recomendable para cociñas moi pequenas.

En canto aos posibles problemas que este material pode presentar, o principal é a súa dificultade de aplicación. Por iso, é recomendable recorrer a expertos para a aplicación deste tipo de revestimento. Un inadecuado tratamento previo da base pode provocar, por exemplo, manchas de humidades, e unha mala instalación podería, incluso, chegar a producir fisuras.

Chans vinílicos para a cociña: múltiples posibilidades

Os chans vinílicos para cociña caracterízanse ademais pola súa resistencia á auga e a súa facilidade de limpeza. É posible aplicalos sobre un chan existente, polo que resultan moi recomendables para proxectos de reforma.

Este material evolucionou moito grazas ás novas tecnoloxías. Así, se hai uns anos tiña unha imaxe de escasa calidade, ultimamente estase situando entre os materiais de moda pola súa versatilidade e durabilidade.

Existen múltiples opcións no mercado, con diferentes graos de dureza e resistencia. O prezo é unha das súas principais vantaxes, aínda que, como é lóxico, canto mellores sexan as súas características, maior será o seu custo.

Podemos atopar este material en diferentes presentacións, normalmente en rolo, en lousas e en lamas. Ademais, o formato pode ser autoadhesivo ou en clic.

O seu principal inconveniente é que, se o adhesivo non se aplica ben, co tempo tende a levantarse. Non son aconsellables para chans con calefacción radiante e tamén poden perder cor co paso do tempo se están expostos ao sol.

Chans de linóleo: resistentes e biodegradables

Cocina con suelo de linóleo | Santiago Interiores - Santos

Os chans de linóleo diferéncianse dos vinílicos na súa composición, que é natural e biodegradable, xa que están feitos con materiais como aceite de liñaza, fariña de madeira reciclada, po de cortiza…

É un produto moi resistente e duradeiro, de larga vida útil. Destaca así mesmo polo seu carácter antiestático e pola súa fácil instalación. Porén, algúns tipos de chan de linóleo poden requirir un encerado periódico, o que repercute nun maior mantemento.

Baldosas hidráulicas: o encanto do artesanal

Suelos de cocina con baldosas hidráulicas

Estas baldosas decorativas de cemento pigmentado inventáronse no sur de Francia a mediados do século XIX e utilizáronse como pavimento nas construcións ata os anos 60. Nos últimos tempos rexurdiron con forza, tamén na cociña. Recupéranse en casas antigas reformadas e tamén se instalan en vivenda nova, moitas veces como imitación fabricada con gres porcelánico.

A súa estética artesanal ofrece un encanto único. Comercialízanse en diferentes medidas e formas, desde o tradicional cadrado de 10 x 10 cm ata rectángulos e hexágonos. Por iso, ofrece numerosas opcións creativas, permitindo crear mosaicos.

Destaca ademais pola súa resistencia e solidez, se ben é certo que, ao ser un material poroso, necesita impermeabilizarse cada cinco ou seis anos.

Pola súa factura artesanal, o prezo adoita ser máis elevado.

Chans de pedra: beleza natural

Atemporais e elegantes. Os materiais pétreos como o mármore, o granito ou a lousa teñen unha beleza natural e única.

Son superficies sólidas e de fácil mantemento. Iso si, pola súa gran dureza, se nos cae un prato ou vaso ao chan é moi probable que rompa.

A súa principal desvantaxe é que ten un prezo máis elevado con respecto a outros materiais. Ademais, se se trata dunha pedra moi irregular, pode resultar difícil de limpar.

Elixir a cor do chan na cociña: unha decisión importante

Suelo adecuado para cocinas blancas

E agora que escollín o material, con que cor quedo? Que chans son adecuados para cociñas brancas? Como se comporta unha cociña con chan gris? E se teño un espazo pequeno?

As preguntas continúan, xa que a tonalidade elixida non só afectará á percepción que teñamos sobre o espazo, senón que tamén contribuirá, xunto coa parede e os mobles, a crear o interiorismo da nosa cociña.

Se contamos cun espazo pequeno, normalmente é máis aconsellable optar por cores de chan claros, xa que aportarán máis luminosidade e sensación de amplitude.

As tonalidades suaves axudan ademais a crear ambientes luminosos e relaxados. Por iso adoitan asociarse a estilos decorativos como o nórdico ou o minimalista.

Pola contra, se dispoñemos dunha superficie ampla podemos optar por cores máis escuras, como as madeiras wengué ou nogueira ou a cor negra. Este tipo de tonalidades achegan elegancia e sofisticación e adquiren moito protagonismo no ambiente.

O estilo colonial, o rústico ou o industrial vincúlanse habitualmente con estas gamas. As cores escuras tamén poden integrarse de xeito natural en ambientes como o minimalista ou o contemporáneo.

Convén aclarar así mesmo que tanto os chans que son moi claros como os que son moi escuros adoitan ensuciarse máis que o resto. Os máis sufridos atopámolos nas gamas intermedias.

Esperamos que este post fora de axuda e teñas un pouco máis clara a túa elección… aínda que con tantas opcións sabemos que non é doado! Como en calquera decisión que se tome con respecto á cociña, é moi importante ter en conta as nosas necesidades e estilo de vida. Por iso, en Santiago Interiores realizamos proxectos personalizados, adaptados a cada un dos nosos clientes. Reserva aquí a túa cita para asesorarte co noso equipo de interiorismo.