Image

En Santiago Interiores marchamos de vacacións

nos vamos de vacaciones

A tenda estará pechada desde o 4 ao 25 de agosto (ambos incluídos) por descanso do persoal. Marchamos de vacacións de verán, pero volveremos o luns 27 de agosto con enerxías renovadas e a mesma gana de sempre de facer realidade a cociña dos teus soños.

Mentres tanto, seguiremos a compartir ideas sobre cociñas e interiorismo nas nosas redes sociais. Deixamos programadas varias actualizacións en Facebook, Twitter, Instagram e LinkedIn para acompañarte tamén durante estas semanas, esteas gozando dun merecido descanso, ou sigas co teu día a día habitual. En calquera dos casos,  poderás continuar a recibir información sobre tendencias decorativas, detalles inspiradores, os nosos últimos proxectos ou, simplemente, imaxes que te axuden a sacar aínda máis partido á túa cociña. Tamén podes volver botar unha ollada a algúns dos nosos traballos en Houzz, ou aos nosos vídeos favoritos en YouTube.

E se tes calquera dúbida, ou queres solicitar unha cita para renovar a túa cociña, déixanos os teus datos neste formulario e porémonos en contacto contigo á volta das vacacións.

Todo o equipo de Santiago Interiores desexámoste un feliz verán.