Image

Tipos de vertedoiros: formas, materiais, medidas …

Image tipos-de-fregaderos-formas-materiales-medidas

A pesar da popularidade da lavalouza, o vertedoiro segue a xogar un papel esencial na cociña, e é, xunto ao mesado, unha das áreas de maior uso. Para preparar os alimentos, para lavar os utensilios de cociña, para limpar froitas e verduras ou para coar a agua sobrante tras cociñar determinados pratos… está claro que o vertedoiro ha de ser ante todo funcional.

Pero iso non debe facer esquecer a parte estética, xa que o vertedoiro tamén contribúe a dotar de personalidade este espazo da casa, ao situarse sempre nunha zona central. Na actualidade existen numerosos tipos de vertedoiros distintos, que se adaptan a diversos usos e, sobre todo, estilos.

A clave, polo tanto, está en elixir o vertedoiro que, pola súa forma, material, medida e cor, máis se adecúa a cada cociña. Que aspectos cómpre ter en conta para logralo?

Tipos de vertedoiro: baixo mesado ou sobre mesado

O primeiro que hai que decidir é se se desexa un vertedoiro baixo mesado ou sobre mesado, xa que ambos teñen as súas vantaxes e inconvenientes.

Fregadero bajo encimera

Vertedoiro baixo mesado

O vertedoiro baixo mesado é aquel que se coloca co borde por debaixo da superficie de traballo. Esta tipoloxía non so non resta nin un centímetro de espazo da zona de preparación dos alimentos, senón que ademais visualmente da sensación de continuidade, ao non ser necesarias xuntas nin separacións de ningunha clase. O seu único inconveniente é que non son axeitados para superficies con materiais menos resistentes á agua, como pode ser a madeira.

Vertedoiro sobre mesado

Os vertedoiros sobre mesado, polo contrario, son compatibles con mesados de calquera material, e levan a cubeta encastada coas lapelas por enriba. Son, polo tanto, máis versátiles, pero hai que ter coidado e realizar unha boa instalación, porque se non pode notarse a silicona e que a sensación sexa menos diáfana. 

Material do vertedoiro

A elección do material do vertedoiro, ao igual que a colocación sobre ou baixo mesado, non se pode tomar de xeito independente, senón que depende estreitamente do material do mesado. E é que á hora de deseñar unha cociña, todos os elementos están vencellados, sobre todo se se busca un acabado harmónico e estéticamente agradable.

Vertedoiros de aceiro inoxidable

Fregadero de acero inoxidable - Santiago Interiores

Na actualidade, os vertedoiros de aceiro inoxidable son os máis populares polo seu aspecto moderno, hixiénico e profesional. Con mesados de pedras naturais, como mármore ou granito, óptase habitualmente por estes vertedoiros baixo mesado e, ademais, é tendencia gravar o escorredoiro na propia pedra (mentres que antes adoitaban acompañarse as cubetas co propio escorredoiro igualmente en aceiro inoxidable). Tamén se están poñendo moito con superficies laminadas, pero nese caso sobre mesado.

Entre as vantaxes deste material, destaca a facilidade de limpeza e a súa resistencia ao calor, á corrosión e aos golpes, o que asegura unha alta durabilidade. Ademais, existe unha grande variedade de deseños, polo que é posible adaptalos a cociñas de calquera estilo.

Vertedoiros de resina

Fregadero de resina negra - Santiago Interiores

Os vertedoiros sintéticos de resina son moi empregados para acompañar os mesados laminados. Ao estar compostos en gran parte de pedra natural, teñen un tacto moi atractivo, e están dispoñibles nunha gran variedade de cores (o que supón unha vantaxe importante respecto aos de metal). Así, cando o mesado é liso pódese poñer un vertedoiro da mesma cor e textura, o que axuda a contrarrestar o efecto “corte” entre ambos elementos, e visualmente dan moito xogo. Tamén precisan un mantemento sinxelo e son resistentes á calor e ás manchas, pero menos que os de aceiro inoxidable, polo que cómpre ser máis coidadosos.

Vertedoiros de corian

Os vertedoiros de corian (unha mestura de minerais e polímero acrílico) úsanse sobre todo cos mesados de corian, formando unha única peza que axuda a dotar de maior continuidade á zona de traballo da cociña. Ao igual que outros vertedoiros de resina, preséntanse en todo tipo de cores, polo que son moi versátiles. Ademais a limpeza é moi sinxela, e son bastante resistentes.

Vertedoiros de cerámica

Foto de Blanco
Foto de Blanco

O rústico agora é moderno, e as cociñas non viven alleas a esta tendencia. Por iso os vertedoiros de cerámica branca están rexurdindo con forza, especialmente en casas de campo ou en cociñas cunha estética máis clásica. Búscase o encanto das pías antigas, habitualmente deixando o frontal tamén visible.

O obxectivo nestes casos é dar protagonismo á propia peza de cerámica, pero ademais do seu valor ornamental tamén aportan resistencia á calor e ás rabuñaduras, e mantén o brillo impoluto durante moito tempo. Sen embargo, é máis complicado evitar as manchas a longo prazo, e hai que considerar que se poden chegar a romper se sofren un golpe moi forte.

Formas dos vertedoiros

Os vertedoiros de aspecto angular, que tenden a formas máis cadradas ou rectangulares, son agora moi demandados.  Pero máis alá da forma da cubeta, outras cuestións que se deben examinar son o incorporar ou non escorredoiro, ou a preferencia por unha cubeta grande ou por dúas máis pequenas.

Vertedoiros cadrados

Fregadero cuadrado bajo encimera

Os vertedoiros cadrados ou rectangulares son os máis usados, pero mentres nas cociñas clásicas dáse prioridade a aqueles con bordes redondeados, a tendencia actual é elixilos con esquinas case en ángulo recto, o que ofrece un acabado moderno e contemporáneo.

Con escorredoiro

Fregadero con escurridor en una cocina Santos

O escorredoiro é esencial cando non hai lavalouza na cociña, pero se pode prescindir de el cando non se lava moito a man, e ademais a zona de traballo é reducida.

Aínda que antes todos os vertedoiros incluían escorredoiro, hoxe é máis frecuente encontrar pezas que non contan con este elemento, o que axuda a integrar o vertedoiro na cociña. Sen embargo, existe outra opción para lograr ese efecto, que é gravalo no mesado, en lugar de poñelo do mesmo material que a cubeta.

Un ou dous seos?

Fregadero de dos senos - Santiago Interiores

Ao igual que co tema do escorredoiro, todo depende do uso que se lle dea ao vertedoiro. Se se lava a louza a man a diario, ter dúas cubetas é máis práctico, pero como hoxe case todos os fogares contan con lavalouza, é habitual preferir unha cubeta ampla, onde poda caber por exemplo unha fonte grande, a contar con dous seos máis reducidos.

Medidas do vertedoiro

Foto de Blanco
Foto de Blanco

Como diciamos, a tendencia é decantarse por vertedoiros cunha única cubeta, pero ampla, de como mínimo 45 cm, pero mellor aínda se é de 50 cm. Tamén se ven cada vez máis as cubetas tipo bañeira, con dimensións de 70 cm, que son idóneas cando se propón unha peza de carácter, por exemplo de cerámica e aspecto vintage. Estas últimas  non son exclusivas de grandes cociñas rústicas, senón que comezan a verse tamén en outras de aspecto moderno e minimalista.

Moble baixo vertedoiro

Mueble bajo fregadero Santos

Finalmente, convén analizar tamén o moble que irá baixo o vertedoiro, xa que debe proporcionar unha zona de almacenamento cómoda onde gardar os estropallos, las pastillas da lavalouza e outros utensilios de limpeza, de forma que se acoute a zona de lavado dentro da cociña.

Así, o máis funcional, independentemente do tamaño da cociña, é poñer baixo a pía un portavertedoiro que oculte no seu interior unha distribución práctica orientada á clasificación de residuos e ao almacenamento dos produtos de limpeza.

En definitiva, para elixir o vertedoiro axeitado, hai que contemplar sobre todo as necesidades, gustos e estilo de vida de aqueles que o van usar. Por iso en Santiago Interiores realizamos proxectos personalizados, adaptados a ti. Reserva a túa cita para asesorarte co noso equipo de interiorismo, que te axudará a facer realidade a túa cociña.