Image

Como elixir a billa para a túa cociña

Cómo elegir el grifo perfecto para tu cocina

A billa é, sen dúbida, un dos elementos de maior uso na cociña. Xunto co vertedoiro, xoga un papel esencial na zona de augas, e elixir unha billa cómoda fará que tarefas como fregar a louza, lavar as verduras ou encher unha olla resulten moito máis sinxelas.

Sen embargo, non todo é unha cuestión pragmática. O deseño é outro criterio que tamén se pode (e debe) ter en conta, buscando un acabado coherente co estilo do resto da estancia. Actualmente podemos atopar unha gran variedade de billas, tanto no que respecta á estética, como á funcionalidade. Como decidir cal é o mellor para a túa cociña?

Billa monomando de cociña

Grifo monomando de cocina

Hoxe case todos as billas son monomando, o que significa que contan cun único mango para regular o fluxo e a temperatura. Son fáciles de usar e moi cómodos, ademais de permitir un maior aforro de auga e enerxía, por iso os bimando (cun mando para a auga fría e outro para a quente) están quedando simplemente como un vestixio do pasado.

Billas de cociña fixas

Grifo de cocina fijo con caño rígido

Son as billas de toda a vida, que contan cun cano ríxido que se pode xirar ata 360 º, pero non extraer. No caso de contar cun vertedoiro amplo, é posible optar por unha billa fixa de cano alto, que permite encher grandes recipientes dun xeito máis confortable. Por contra, nos vertedoiros pequenos é mellor decantarse por un cano máis corto para evitar salpicar o mesado.

Billas de cociña extraíbles

Grifo de cocina extraible con efecto chorro o ducha

O seu cano conta cunha mangueira que permite alargar a billa, sacándoa da súa localización para poder acceder a calquera parte do vertedoiro. Trátase da solución máis cómoda para lavar a louza (especialmente bandexas grandes que non caben ben na cubeta) e o propio vertedoiro. Ademais poden ofrecer unha única modalidade de chorro, ou cambiar cun botón a tipo ducha ou efecto chuvia, moi axeitado, por exemplo, para lavar verduras.

Grifo flexible de cocina

Ademais a medio camiño entre as fixas e as extraíbles estarían tamén as de cano flexible, que non se extrae, pero que si se pode mover en calquera dirección, o que tamén resulta moi funcional.

Billas de cociña abatibles

Grifo abatible de cocina marca Blanco

Esta é unha solución moito menos habitual, pero que pode ser necesaria cando a billa vai baixo unha fiestra que abre cara dentro (nas vivendas unifamiliares, por exemplo, é frecuente instalar o vertedoiro con vistas ao xardín). Nesta situación, unha billa convencional obstaculizaría a apertura da fiestra, e por iso búscanse canos abatibles que se preguen cara un dos laterais, escamoteables (son os que se esconden dentro do mesado) ou totalmente extraíbles (pódense poñer e sacar).

Billas de cociña de parede

En función da instalación, podemos diferenciar entre as billas sobre repisa o mesado, e as que van directamente encastadas na parede, aínda que isto é algo en desuso e que so ocorre en instalacións antigas.

Distintos estilos

Como diciamos antes, a estética tamén é determinante á hora de elixir unha billa ou outra, xa que esta peza debe ir acorde coa atmosfera xeral da cociña, realzando o estilo da mesma. Así, non tería moito sentido optar por unha billa vintage bimando nun ambiente minimalista, nin tampouco elixir unha billa a toda cor nunha casa rústica.

Billas de inspiración minimalista

Grifos de cocina minimalistas

A tendencia na actualidade é decantarse por liñas moi depuradas, con ángulos o máis rectos posibles, e un arco do cano alto. Isto é así en cociñas modernas, pero en moitos casos tamén en outras máis clásicas, xa que a sinxeleza destas billas as fan compatibles con calquera estilo.

Billas industriais

Grifo de cocina industrial con caño alto y muelle

En ambientes industriais quedan moi ben as billas tipo peixaría, con cano moi alto e resorte, especialmente para illas e mobles altos. Ademais, resultan moi prácticas —por algo son as máis empregadas en contornas profesionais—.

Billas vintage

Grifos vintage para cocinas rústicas o clásicas

En casas de campo rústicas ou en cociñas clásicas, outra opción é decantarse por billas con liñas máis curvas, e cores como o cobre, co obxectivo de darlle a este elemento certa personalidade. Incluso hai quen busca billas de parede bimando, aínda que é importante salientar que se é un vertedoiro para usar con frecuencia, o mellor é que o deseño estea supeditado á funcionalidade.

Elixe a cor axeitada da billa da cociña

Grifos de cocina con color: blanco o negro

Ata hai moi pouco, todas as billas de cociña eran cromadas e de aceiro inoxidable (ou como moito, as de estilo antigo eran de cor cobre ou bronce). Pero unha opción que gusta bastante agora é poñer a billa da mesma cor que a cubeta, especialmente nos vertedoiros que se integran co mesado de silgranit. Así, se mesado e vertedoiro son brancos, búscase unha billa de cociña branca, e se son negros, negra. De feito, é posible atopar billas en practicamente calquera cor, aínda que os tons máis demandados (despois, por suposto, do cromado) son o negro e o branco.

Novidades en billas

Ultimamente tamén escoitase falar de billas termostáticas ou que incorporan dispositivos electrónicos, como un detector de presenza, luces LED ou filtros de ósmosis. Trátase de avances que se van introducindo nas billas de gama alta, pero supón un sobrecuste considerable no prezo, que solo compensa en casos moi determinados.

En Santiago Interiores sabemos que existen moitos tipos de billas dispoñibles, e que non sempre é fácil decidir con cal quedarse. Por iso traballamos coas mellores marcas (como Blanco, Franke ou Grohe) e nos nosos proxectos realizamos unha asesoría personalizada, adaptando cada compoñente da cociña ás necesidades, gustos e estilo de vida daqueles que van a usala a diario. Animámosche a reservar xa a túa cita para empezar a deseñar a cociña dos teus soños.