Image

Torta selva negra, unha sobremesa deliciosa ao gusto, e á vista

Receta tarta selva negra

Hai tortas que, para ben ou para mal, forman parte xa da tradición reposteira universal, e un exemplo claro é a selva negra. Por suposto, todos sabemos que a súa orixe é alemá e que é a xoia da coroa da gastronomía deste país, pero tamén que é posible probar esta sobremesa a base de biscoito, nata e cereixas en calquera lugar do mundo.

E quizais por iso sexa fácil infravalorar o seu sabor, pensar que é demasiado complicada de facer ou preferir un doce máis innovador. Sen embargo, se esta torta acadou sona mundial é por algo, e o calendario Santos para o mes de novembro así o mostra con esta proposta de coidada presentación, que reinventa a receita clásica cun toque contemporáneo.

Como preparar unha torta selva negra que se converta nun pracer para todos os sentidos?

Ingredientes

Para o biscoito

  • 3 moldes de 18 cm
  • 130 gr de fariña de repostería
  • 20 gr de maicena
  • 170 gr de azucre
  • 10 gr de café instantáneo
  • 20 gr de cacao en po
  • 6 ovos
  • Manteiga

Para o recheo

  • 1 vaso grande de kirsch
  • 1 bote de cereixas en almibre
  • 1/2 vaso do almibre das cereixas
  • 600 gr de nata para montar
  • 2 culleradas de queixo crema
  • 100 gr de chocolate negro para sobremesas
  • Unhas poucas cereixas

Preparación

Comezaremos por facer os biscoitos,  o que apenas leva tempo (pódense mesmo preparar con antelación e deixalos reservados envoltos en papel de aluminio). Ao facer tres biscoitos iguais nos tres moldes de 18 cm evitamos despois ter que efectuar un corte para montar o pastel, e logramos ademais unha torta máis alta e con un aspecto máis estilizado.

Para preparalos, prequentamos o forno a 210ºC, forramos con papel de forno a base dos moldes e vernizamos os lados con manteiga para evitar que se peguen.

Mesturamos os ovos co azucre e poñemos a mestura ao baño maría, baténdoa cunha batedeira de man durante dous ou tres minutos, e seguimos a bater a maior velocidade unha vez retirada do baño maría. Cando acadamos unha crema espesa, engadimos lentamente, e sen deixar de bater, a fariña, previamente peneirada coa maicena, o cacao e o café.

Vertemos o resultados nos tres moldes, procurando que a distribución sexa homoxénea. Enfornamos 5 minutos a 210ºC e 10 minutos máis a 180ºC. Sacamos do forno e deixamos arrefecer.

Preparar o recheo e construír a torta xa resulta máis laborioso, pero so porque  debemos ser coidadosos á hora de unir as distintas partes da mesma.

Así, por un lado debemos preparar as labras de chocolate, derretendo o chocolate negro para sobremesa no microondas ou ao baño maría. Unha vez derretido, estendemos o chocolate cunha espátula formando unha capa moi fina e deixamos arrefecer ata que endureza. Cando empece a estar duro, empurramos o chocolate cun coitelo para levantalo, y se está no punto de temperatura axeitado, el mesmo irá curvándose e formando as labras. No caso de que estea aínda demasiado quente isto non ocorre, polo que é cuestión de ir probando, sen deixar nunca que arrefeza en exceso, xa que nese caso rompe. Unha vez creadas as labras, reservamos.

A nata debemos montala co azucre cando xa vaiamos a preparar a torta. Podemos engadir tamén o queixo crema para darlle máis consistencia e que soporte mellor o peso.

Para montar a torta, poñemos un biscoito na base, mollamos abundantemente no kirsch e o almibre (no caso de que haxa comensais infantís, podemos prescindir do licor) e asegurámonos de que quede ben húmido. Cubrímolo cunha capa xenerosa de nata e unhas cantas cereixas ben escorridas. Despois facemos o mesmo proceso cunha nova capa de biscoito, nata e cereixas, e repetimos unha derradeira vez cunha terceira capa do biscoito, idealmente empregando un aro para evitar que se torza. Por riba, decoramos con labras de chocolate e cereixas frescas. O resultado é espectacular!

Encantarache se…

    • Gústache o sabor das tortas tradicionais a base de biscoito, pero buscas darlles un aire máis actual
    • Aprecias unha sobremesa que suba a temperatura dos días máis fríos e chuviosos
    • Tes invitados a comer e queres impresionalos cun pastel caseiro e cunha presentación moi vistosa
    • Es afeccionado á repostería e encántache investir tempo en probar novas receitas
    • Precisas unha torta que aguante ben dun día para outro
    • Non renuncias a un capricho a acabar de comer, o na merenda

Se queres ver máis imaxes do proceso de elaboración da torta selva negra, podes facelo no blog Sweet & SourEsperamos que goces moito preparándoa (e degustándoa) cos teus.