Image

Crackers ao tomiño: unhas deliciosas (e adictivas) galletas salgadas

Receta de crackers al tomillo de Cocinas Santos

Se algo caracteriza ás crakers (ou galletas salgadas) é o seu poder adictivo. Apetecen en calquera momento do día, para tomar un petisco entre horas ou para acompañar unha comida ou cea. Por iso é tan importante buscar unha receita caseira coa que facer un mesmo unhas crackers máis saudables e nutritivas, ademais de saborosas.

No calendario Santos para o mes de marzo atopamos esta proposta de crackers ao tomiño, sinxela pero á vez moi sofisticada, que subirá de nivel a hora do aperitivo. A súa textura crocante e o seu sabor delicado convértenas nun aliado inmellorable para unha táboa de embutidos e queixos, patés, hummus o guacamole. Como preparalas?

Ingredientes

  • 120 g de fariña
  • 70 ml de auga quente
  • 35 ml de aceite de oliva virxe extra
  • 1/2 cullerada de sal
  • 1 culleradiña de tomiño fresco

Preparación

Nunha cunca, mesturamos o aceite coa auga ben quente y batemos a velocidade suave. Despois, engadimos a fariña, o tomiño e o sal, e mesturamos amasando ata conseguir unha masa homoxénea, que non se quede pegada aos dedos.

Coa axuda dun rolo, estendemos a masa sobre papel de enfornar, formando un rectángulo. Despois a deixamos arrefriar na neveira uns 20 minutos.

Unha vez endurecida, sacámola do frigorífico e cortámola en cadrados (xa sexa cun cortador de galletas ou simplemente cun coitelo) para formar as crackers.

Xa só queda enfornalas, meténdoas no forno previamente prequentado a 180º, e deixándoas uns 10 ou 15 minutos, ata que vexamos que empezan a dourarse os bordes. Por último deixamos arrefriar sobre unha reixa… e listas para tomar!

Encantarache se…

    • Precisas un acompañante sutil e crocante que potencie o sabor do xamón, o queixo e outros básicos da hora do aperitivo
    • Adoitas debicar e buscas unha alternativa máis creativa á barra de pan ou os picos, imprescindibles nunha petiscada
    • Tratas de evitaros aperitivos industriais, priorizando receitas caseiras e máis saudables, que poder tomar sen remordementos
    • Gústache aproveitar o potencial das herbas aromáticas e gozas do aroma intenso e lixeiramente picante do tomiño, aínda que tampouco descartas probar a receita con outras especias
    • Queres atopar unhas galletas salgadas sofisticadas coas que presumir nas ceas con amigos, pero tamén aptas para tomar entre horas un día calquera

Animámoste a probar as riquísimas crakers ao tomiño con esta receita da estilista gastronómica Beatriz Rodríguez. No seu blog ToBeGourmet poderás descubrir outras propostas sinxelas e deliciosas coas que expandir as túas artes culinarias.