Image

Rosquillas ao viño doce: unha sobremesa imprescindible en Semana Santa

Rosquillas al vino dulce

Lixeiras, esponxosas e sen pasarse de doces. Dar coa receita para atopar o punto exacto ás rosquillas non sempre é fácil, sobre todo, porque esta sobremesa tradicional ten sido reinventada en innumerables ocasións, chegando mesmo a industrializarse en forma de donut. O calendario Santos para o mes de abril recomenda unha volta ás orixes con esta proposta sinxela, pero deliciosa, de rosquillas caseiras ao viño branco.

Imprescindibles en romarías e festas, as rosquillas son un clásico desta época, xa que forman parte da repostería típica da Semana Santa. En todo caso, supoñen un acompañamento perfecto para o almorzo, a merenda ou calquera xantar en casa. Como preparalas?

Ingredientes

  • 500 g de fariña de trigo
  • 3 ovos
  • 150 g de azucre
  • 100 ml de aceite de oliva virxe extra
  • 1 culleradiña de fermento
  • Aceite para fritir
  • 125 ml de viño branco
  • 4 estrelas de anís
  • Sal

Preparación

Comezamos preparando a masa. Nun cazo, vertemos o aceite de oliva coas estrelas de anís, e quentamos a fogo lento para que infusionen uns 10 minutos. Despois deixamos arrefriar o aceite e retiramos as estrelas de anís. Engadimos o azucre, batemos e agregamos tamén o viño branco. Reservamos a mestura.

Por outro lado, collemos os ovos e separamos as xemas das claras, batendo estas últimas a punto de neve nunha cunca. Unha vez montadas, engadimos as xemas e mesturamos coidadosamente para que non baixen. Despois incorporamos a mestura anterior de aceite aromatizado, azucre e viño.

Por último, incorporamos ao recipiente a fariña, previamente mesturada co fermento. Batemos ata conseguir unha masa homoxénea e sen grumos, que non se nos pegue nas mans, coa que formamos unha bola. Envolvémola en film de plástico e deixámola repousar na neveira un par de horas.

Para dar forma ás rosquillas convén untar as mans e a superficie de traballo con aceite, para poder manexar ben a masa e conseguir facer as boliñas. Para abrir o buraco do centro simplemente empurramos cos dedos.

Fritimos as rosquillas nunha tixola con abundante aceite ata que se douren. Por último, engadimos azucre por riba antes de servir.

Gustarache se…

    • Sentes morriña polos sabores tradicionais dos pasteis que tomabas cando eras neno
    • Buscas un doce sinxelo que serva para mollar no leite do almorzo, no café da merenda ou que resulte exquisito tamén por si mesmo
    • Tratas de evitar os bolos industriais, priorizando receitas caseiras máis saudables e naturais
    • Queres improvisar unha tarde de repostería con ingredientes que xa tes na despensa
    • Tes invitados para comer e precisas unha sobremesa sen complicacións que agrade a todo tipo de comensais

Agardamos que che guste esta receita e que te animes a poñela en práctica durante estes días. É unha proposta da estilista gastronómica Beatriz Rodríguez, en cuxo blog ToBeGourmet poderás descubrir moitas outros sobremesas deliciosas.