As illas convertéronse nas grandes protagonistas das cociñas máis actuais. A súa versatilidade, a súa beleza e a súa habilidade para integrarse en espazos abertos fan fácil comprender por que son unha solución cada vez máis apreciada polos clientes, tanto para estancias amplas como pequenas.
As cociñas con illa son, polo tanto, unha tendencia en si mesma, que responde a novos hábitos no fogar, nos que as barreiras entre as zonas de ocio e de traballo esvaense. Pero ademais, hai outras características que atopamos en moitas das cociñas con ila máis modernas. Mostrámosche nas seguintes fotografías algunhas ideas que te axudarán a inspirarte á hora de elixir a túa.
Cociñas rústicas con illa: o encanto do natural
O rústico está de moda, pero matizado por un toque contemporáneo. É o que se coñece como estilo rústico moderno, e contribúe a crear atmosferas cálidas e cheas de encanto, pero sen sacrificar ni un ápice de funcionalidade. Vémolo neste proxecto, no que a parede de pedra ou a mesa de madeira artesanal conviven con mobles de liñas puras e sinxelas nunha cociña con illa plenamente equipada.
Cociña comedor con illa para gozar de longas sobremesas
A illa serve para separar, en moitos casos, a zona da cociña, do office, xerando un punto de conexión, pero contribuindo a crear dous ambientes diferenciados. Sen embargo, esta non é a única opción para integrar un comedor nunha cociña con illa.
Unha alternativa moi práctica, especialmente en estancias anchas, é colocar a mesa de comedor a continuación da illa, como unha extensión da mesma. Despois de todo, ambos elementos serven para congregar a toda a familia ao redor, xa sexa para preparar a comida, para charlar, para xogar ou para comer.
Illa de cociña con barra
En estancias pechadas, máis pequenas, poñer unha mesa de comedor poucas veces é posible, por iso vólvese fundamental aproveitar a illa para incorporar unha zona de almorzos e comidas improvisadas. A barra pode integrarse na propia illa facendo que rebase os armarios para que sexa máis cómodo sentar.
Noutras ocasións pode resultar máis acertado engadir a barra sobre o mesado, como na imaxe anterior, pois deste modo se respectan dúas alturas diferenciadas: 90 cm para a zona de traballo e 110 cm para a barra.
Cociñas abertas ao salón con illa: o centro do fogar
Como xa apuntabamos antes, cada vez son máis os que apostan por compartir salón, comedor e cociña nunha única estancia. Ocorre en pequenos apartamentos, onde as cociñas americanas foron sempre unha solución moi práctica, pero tamén en vivendas de grandes dimensións, nas que se busca potenciar a sensación de amplitude, luminosidade e liberdade de movementos.
Agora ben, é importante ter en conta que, nestes casos, a decoración da cociña ten que adaptarse de xeito natural á do resto do fogar. Por iso triunfan os mobles con formas limpas e minimalistas, e cos electrodomésticos integrados, tal e como vemos na fotografía anterior. Deste modo, a illa adopta unha forma escultórica que fai esquecer a súa natureza de moble de almacenamento.
Ademais, hai que recordar que, ao ser un módulo independente, a illa ofrece moita flexibilidade. Incluír a zona de cocción na propia illa permite cociñar con vistas á fiestra ou ó resto da casa, algo especialmente interesante nos espazos abertos, nos que se pode así botar un ollo aos nenos mentres xogan, ou charlar cos invitados. Nestes casos é recomendable partir dunha tipoloxía de illa cunha medida mínima de 2 m 2.
Cociñas negras con illa: moi sofisticadas
Aínda que as vantaxes da cor branca son evidentes, os tons escuros están gañando cada vez máis terreo. As estancias amplas e abertas, especialmente se contan con unha boa iluminación natural, permiten decantarse por acabados sofisticados e elegantes como o negro ou o gris oscuro, moi habituais nas cociñas con illa de estilo máis contemporáneo.
En todo caso, se se teme que os tons escuros asombren demasiado o ambiente, podemos inclinarnos por unha combinación clásica e atemporal como o branco e negro, sacando así partido do mellor de ámbalas dúas cores.
Se a cociña dos teus soños inclúe unha illa, non dubides en buscar inspiración nestas tendencias tan actuais. Pero ademais, animámoste a solicitar cita co noso equipo de interioristas. Estaremos encantados de asesorarte e deseñar un espazo adaptado ás túas necesidades, pero tamén aos teus desexos.