Image

Macedonia de froitas e hortalizas, unha proposta refrescante para o verán

Macedonia de frutas y hortalizas

Coa chegada da calor, parece que so apetece comer alimentos estivais lixeiros e hidratantes como a sandía ou o melón. Por un lado, as altas temperaturas inhiben a fame e aumentan a sede. Polo outro, apenas pasamos por casa, e cando si estamos, o que menos nos tenta é acender a cociña. Pero iso non significa que teñamos que alimentarnos exclusivamente de froita, nin moito menos.

O calendario Santos para o mes de xullo propón unha receita saudable, refrescante e cun toque creativo: a macedonia de froitas e hortalizas. Xa sexa de almorzo, de aperitivo, ou de cea, trátase dun prato que nos encherá de vitaminas para gozar con enerxía de todos os plans do verán. Como preparala?

Ingredientes

  • Media sandía
  • 2 kiwis
  • 1 mazá
  • 2 cenorias
  • 6 pequenos ravos
  • 1 laranxa

Preparación

Cortamos a sandía en anacos pequenos, e picamos as cenorias, a mazá e os kiwis en cubiños. Despois cortamos en rodas os ravos. Metemos todos os ingredientes nunha cunca grande, e mesturamos.

Esprememos unha laranxa, e aperxemos co zume a mestura de froitas e hortalizas. En caso de que se teña predilección polo doce, podemos engadir tamén un chisco de azucre.

Listo! Xa temos preparada unha riquísima macedonia en menos de dez minutos.

Encantarache se…

    • Es fan dos cítricos e as froitas de verán
    • Gústache innovar coa comida, así como mesturas sabores doces e salgados
    • Buscas un aperitivo ou sobremesa lixeiro e saudable, que poidas ofrecer a todo tipo de comensais independentemente da súa dieta
    • Adoitas beber pouco, e precisas pratos hidratantes que contrarresten esa tendencia
    • Estás aburrido de cear hortalizas, y desexarías atopar unha alternativa máis creativa, pero igual de refrescante para as noites de calor
    • Sempre tes moita froita en casa, e resúltache axeitada unha idea coa que aproveitar as pezas que van quedando máis maduras
    • Queres probar novas combinacións de froitas e verduras, e non descartas introducir outras variantes nesta receita

Agardamos que goces desta sinxela proposta, que ademais de sa e deliciosa, é moi fácil de incorporar ao teu menú diario,xa sexa tal cal ou engadindo novas froitas e hortalizas. Trátase dunha receita da estilista gastronómica Beatriz Rodríguez, en cuxo blog ToBeGourmet poderás descubrir moitos outros pratos orixinais.