Image

Fácil e nutritiva, a crema de cabaza e coco é idónea para as ceas do outono

crema de calabaza y coco

Cando chegan os días de choiva e frío, poucas cousas resultan tan apetecibles como unha crema de verduras. Nutritivas, reconfortantes e moi ricas, son o prato idóneo para subir a temperatura no corpo e gozar dunha cea sinxela e saudable, que ademais, é posible deixar preparada con anterioridade.

Aínda que case todas as hortalizas e verduras son adecuadas para realizar purés, unha boa idea é sacar partido dos ingredientes de tempada. O calendario Santos para o mes de outubro proponnos unha crema de cabaza e coco, na que esta froita aporta un toque doce e exótico a esta receita tan propia do outono.

Ingredientes

  • 1 cabaza cacahuete
  • 1 pataca grande
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 1 vaso de caldo de ave
  • 1 chorro de aceite de oliva virxe extra
  • Coco relado
  • Sal

Preparación

Comezamos picando a cebola, e rustríndoa nunha cazola con aceite de oliva, en fogo baixo, durante uns vinte minutos.

Preparamos tamén o resto das hortalizas, limpándoas, pelándoas e cortándoas en anacos, para posteriormente, agregalas ao rustrido. Vertemos o caldo, engadimos o sal e deixamos cocer outros vinte minutos.

Retiramos a cazola do fogo e trituramos ata que quede un puré moi fino.

Á hora de servir a crema, esparexemos por enriba o coco relado. Máis fácil imposible!

Gustarache se…

    • Buscas ideas de ceas fáciles, saudables e orixinais, que poidas deixar listas con antelación para consumir ao chegar a casa
    • Segues algunha dieta, pero négaste a que os teus menús se limiten a ensaladas e peitugas de polo á prancha
    • Encántache a cabaza, e buscas distintas receitas nas que este sexa o ingrediente estrela
    • Adoitas elixir hortalizas de tempada, e cres que os pratos de culler son imprescindibles cando chega o mal tempo
    • Es fan do sabor intenso e doce do coco, e consideras un desproveito restrinxir o seu uso ao condimento da sobremesa
    • Desconfías das túas dotes culinarias, e queres iniciarte na cociña con preparacións que presenten cero complicacións

Esperamos que goces moito desta crema de cabaza e coco, e que te animes a cociñala en casa. É unha proposta da estilista gastronómica Beatriz Rodríguez, en cuxo blog ToBeGourmet podrás poderás atopar multitude de receitas deliciosas.