Image

Festa de reapertura con profesionais do sector

Image santiago-interiores-evento-de-reapertura

O pasado 26 de setembro celebramos un pequeno evento exclusivo de reapertura con profesionais do sector. Tras un mes de obras, présas, imprevistos e numerosos cambios, puidemos, ao fin, invitar a unha selección de arquitectos e interioristas a gozar do resultado da reforma integral do noso espazo e das nosas novas exposicións. E que mellor modo de facelo que cunha festa?

Daniel Freire, responsable da tenda de Santiago Interiores, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes, acompañado do resto do equipo: Sonsoles Cabana, Emma López e Sonia Castiñeiras. Nunha breve introdución, Daniel ofreceu algunhas pinceladas sobre as principais características dos produtos da colección 2019 de Santos, presentes nas novas cociñas en exposición. Entre outros, falou dos frontes de grosor reducido, a posibilidade de personalizar totalmente os interiores ou a incorporación do funcional caixón zócolo.

presentando-las-novedades-en-la-fiesta-de-reapertura-de-santiago-interiores
santiago-interiores-evento-de-reapertura-con-profesionales
reapertura-santiago-interiores

Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, Daniel invitou aos asistentes a gozar ao seu ritmo de cada unha das nosas exposicións, experimentando directamente cos materiais e sentindo a calidade dos produtos expostos. Encantounos ver aos diferentes profesionais tocando os mobles, abrindo as portas ou analizando os interiores.

fiesta-de-reapertura-santiago-interiores-con-profesionales
profesionales-en-el-evento-de-reapertura-de-santiago-interiores
colección-santos-2019-en-santiago-interiores
santiago-interiores-evento

No evento contamos cun invitado de luxo: o fotógrafo Héctor Santos-Díez, quen nos deleitou cunha conversa sobre fotografía de arquitectura, durante a que nos explicou como se enfronta aos distintos espazos á hora de reflectilos en imaxes. Héctor cedeunos, ademais, algunhas fotografías dos seus últimos traballos, que estiveron expostas na tenda durante a festa de reapertura, para pracer de todos os presentes.

santiago-interiores-evento-septiembre-2019
hector-santos-diez-en-santiago-interiores
evento-reapertura-santiago-interiores

Para finalizar a velada serviuse un delicioso catering que, a cargo do restaurante A Curtidoría, supuxo o remate deste encontro informal e deixounos o mellor sabor de boca.

catering-fiesta-reapertura-santiago-interiores
fiesta-reapertura-santiago-interiores

Agradecemos a todos os asistentes a súa presenza, e esperamos que gozaran desta festa de reapertura tanto coma nós.