O pasado 3 de outubro invitamos a algúns dos nosos clientes, amigos e estreitos colaboradores a unha pequena festa de reapertura, na que gozar da nosa recentemente renovada tenda nun ambiente informal e distendido. Queriamos que coñecesen así, de primeira man, as novas exposicións e os principais cambios experimentados polo noso showroom durante a súa reforma integral.
Tras dar a benvida aos asistentes, Daniel Freire, responsable da tenda de Santiago Interiores, presentou o resto do equipo (Sonsoles Cabana, Emma López y Sonia Castiñeiras) e expuxo algunhas das novidades da tenda: a presencia de novos produtos á venda, máis alá das cociñas, a substitución dos antigos despachos por espazos abertos onde os clientes poden ultimar os seus proxectos rodeados de inspiración, e as características máis salientables da colección 2019 de Santos.
A continuación, Daniel animou a todos os presentes a percorrer os espazos, gozar das distintas composicións, e experimentar por si mesmos as texturas, acabados, solucións e sistemas de organización dos novos deseños de Santos.
E como a comezaba a abrirse o apetito, finalizamos o evento servindo un delicioso catering mentres leriabamos, riamos e sentiamos, unha vez máis, a fortuna de contar con clientes coma vós. Moitas grazas a todos os que vos achegastes para compartir esta velada!