Image

Accesorios e organizadores para caixóns de cociña

Organizadores de cajones de cocina Santiago Interiores

Perder o tempo buscando o que se necesita, desaproveitar un armario amontoando cinco cousas onde caberían o dobre, sufocarse ante a visión dunha morea de obxectos ciscados sen razón aparente… está claro que manter a orde é fundamental en calquera recuncho da casa, pero quizais máis aínda na cociña.

Accesorios para cajones y gavetas Santos

Trátase dunha estancia que se usa acotío, onde ademais, é preciso almacenar numerosos utensilios, e poucas veces cóntase con todo o espazo que se desexaría para iso. Os accesorios para caixóns e gabetas resultan unha ferramenta indispensable para aproveitar ao máximo a capacidade dos mesmos. E ao destinar a cada elemento un lugar específico, contribúen a facer do traballo diario algo moito máis fácil, cómodo, rápido e agradable.

Accesorios y organizadores de cajones de cocina

En Santiago Interiores contamos coas últimas novidades de cociñas Santos en equipamento interior: accesorios extraíbles e intercambiables, dispoñibles en diversos acabados, que permiten personalizar os caixóns en función dos gustos e necesidades de cada usuario. Mostrámosche as fotos de algúns dos nosos imprescindibles para crear espazos prácticos, belos e harmónicos dentro de calquera gabeta.

Cuberteiro para caixóns de cociña

Accesorios para cajones y gavetas Santos

É un accesorio que non falta en ningunha casa, xa que permite manter coitelos, garfos e culleres separados e ordenados, facendo que resulte moito máis sinxelo atopar o que necesitamos en cada momento. O cuberteiro de Santos inclúe 6 compartimentos, facilitando unha distribución racional dos enseres.

Cubertero cajon de cocina Santiago Interiores
Cubertero organizador de cajones Santos
Cubertero de madera Santiago Interiores

Mención aparte merece o coiteleiro, que permite gardar os coitelos especiais preservando a súa coitela e, sobre todo, a seguridade das nosas mans ao collelos.

Separador de cajones cuchillero Santos

Organizador de especias: todos os sabores ao alcance da man

Organizador de especias Santiago Interiores

É habitual ter os distintos botes de especias gardados nalgún armario, onde ocupan moito espazo e resultan, en ocasións, de difícil acceso. Con este especieiro, pódense ter as especias de maior uso sempre a man, localizables a primeira vista nada máis abrir o caixón.

Organizador de especias para cajón Santos

Organizador de tixolas, potas e tarteiras

Organizador de sartenes Santiago Interiores

Este tipo de separadores para caixóns resultan de gran utilidade á hora de organizar tixolas, potas e utensilios de gran tamaño, ao distribuír o espazo nas gabetas máis amplas. Pódense mover facilmente, para colocalos á altura que máis conveña en cada momento.

Organizador de ollas y sartenes Santos

Prateiros de cociña: a vaixela máis ordenada

Plateros de cocina Santiago Interiores

O accesorio prateiro de Santos conta con pivotes de madeira posicionables, que se adaptan a calquera tamaño de pratos ou fontes, e permiten manter a vaixela sempre protexida e ordenada. A base do taboleiro de contrachapado resistente á humidade asegura a súa durabilidade a pesar do trasfegar diario cos pratos que saen do lavalouza, ás veces, sen estar secos do todo.

Organizador de platos para cajones Santiago Interiores

Botelleiro de cociña para os amantes do viño

Botelleros para cocinas Santiago Interiores

Co soporte botelleiro, calquera caixón pódese converter nunha pequena bodega. Un accesorio moi práctico para aqueles que contan cunha cociña reducida, sen un lugar axeitado para o almacenamento dos viños e outras bebidas embotelladas.

Soporte portarrolos de papel de cociña para o caixón

Porta rollos de papel de cocina accesorios Santos

O papel de cociña úsase constantemente, e por iso é necesario telo a man, pero non resulta moi estético deixalo sobre o mesado. O mesmo ocorre co rolo de papel film ou o papel de aluminio. Con esta solución, os rolos quedan ocultos no caixón, pero podemos acceder a eles de forma rápida e sinxela.

Organizador porta rollo de cocina Santiago Interiores

Paneira para caixón: unha solución cómoda e discreta

Cajón para pan accesorios de cocina Santiago Interiores

Outro utensilio que adoita amolar sobre o mesado é a táboa paneira que, ou ben queda sempre alí, ou hai que recordar metela nalgún armario sen que se desmonte ao facelo. Ao incluír a bandexa para cortar o pan no caixón superior, témola sempre a man, sen que nos moleste o resto do tempo e podemos extraela comodamente para levala á mesa á hora de comer.

Caixóns divisores para compartimentar o interior das gabetas

Separadores de cajones para gavetas Santiago Interiores

As caixas separadoras extraíbles, dispoñibles en diferentes tamaños, son unha solución sinxela para manter a orde, tanto visual como funcionalmente, nas gabetas máis amplas. Este tipo de organizadores de caixóns de cociña axúdannos a clasificar os contidos, distribuíndo o espazo ao agrupar diferentes tipos de alimentos ou utensilios, de xeito que queden concentrados e saibamos sempre onde está cada cousa.

Accesorios extraibles para muebles de cocina Santos
Separadores extraíbles para cajones Santiago Interiores
Organizadores extraíbles de armarios de cocina Santos

Accesorios para organizar o porta-vertedoiro

Organizador bajo fregadero Santiago Interiores

Non hai que esquecer tampouco as características específicas dos caixóns que van baixo o vertedoiro, e que se adoitan empregar para gardar utensilios de limpeza e para o reciclaxe ou almacenamento de residuos. Así, os cubos de lixo de Santos pódense situar tanto no caixón superior como no inferior, de forma discreta e accesible.

Cajones extraíbles bajo fregadero Santos

Estes son só algúns dos organizadores para caixóns extraíbles que contribuirán a facer da cociña un espazo moito máis cómodo e ordenado. Se buscas máis ideas, ou queres que te asesoremos sobre a mellor forma de equipar os teus mobles Santos, non dubides en pedir cita co noso equipo de interioristas.