Image

Hamburguesas vexetais coas que innovar no menú semanal

Hamburguesas Vegetales

Adóitanse identificar as hamburguesas vexetais cun menú vexetariano, pero aínda que, sen dúbida, son unha excelente opción para aqueles que non comen carne nin peixe, non o son menos para o resto da poboación. Saudables, fáciles de facer e riquísimas, resultan ideais tanto para tomar en bocadillo e con patacas fritidas, como para unha lixeira e sofisticada cea caseira.

É por iso que o calendario Santos para de novembro propón unhas hamburguesas a base de brócoli que convencerán a pequenos e maiores. Versátiles e orixinais, trátase dunha variante da hamburguesa tradicional coa que innovar e probar novos sabores.

Como preparalas?

Ingredientes

  • 500 g de brócoli
  • 2 ovos
  • 150 g de queixo cheddar
  • 2 culleradas de pan relado
  • Aceite de oliva
  • Sal

Preparación

Comezamos pondo a cocer un dos ovos nunha cazola.

Ao mesmo tempo, pomos outra pota con auga ao lume e, ao ferver, metemos o brócoli en ramalletes, e o deixamos cocer durante 3 minutos. Despois sacámolo, escorrémolo, e picámolo fino.

Relamos ben o queixo e engadímolo ao brócoli xa picado. Incorporamos ademais o ovo cocido, tamén picado.

Batemos o outro ovo, e incorporámolo á mestura, xunto co pan relado e un chisco de sal.

Amasamos para formar pequenas boliñas, que posteriormente aplanamos e colocamos nunha bandexa do forno, sobre papel de forno engraxado con aceite.

Metémolas no forno, e deixámolas durante 10 minutos a uns 180º. Despois, dámoslles a volta para enfornalas outros 10 minutos pola outra cara.

Sacámolas do forno e …listas para tomar!

Esta receita é para ti se…

    • Queres ofrecer a comensais vexetarianos algo máis orixinal que a clásica ensalada, o revolto ou o arroz con hortalizas
    • Necesitas unha comida coa que convencer a nenos (ou adultos) reticentes a probar as verduras a incorporalas á súa dieta
    • Encántanche as hamburguesas, pero prefires unha versión máis lixeira para as ceas
    • Adoitas elixir verduras de tempada, pero queres ir máis alá do brócoli cocido con patacas
    • Buscas receitas innovadoras, mais ao mesmo tempo moi sinxelas, coas que sorprender aos teus invitados
    • Es fan da salsa de iogur, e precisas novos pratos que casen ben con ela
    • Estás convencido de que comer san non ten nada que ver con comer aburrido
    • Valoras a versatilidade dunhas hamburguesas que podes tomar en pan o en prato, e con calquera tipo de acompañamento

Agardamos que te gusten estas hamburguesas vexetais de brócoli e que te animes a probalas en casa. É unha receita da estilista gastronómica Beatriz Rodríguez, en cuxo blog ToBeGourmet poderás atopar moitas outras propostas singulares e deliciosas.