Image

Cores de cociñas: tendencias e ideas para inspirarte

Colores de cocina Santiago Interiores

Á hora de elixir a cor para a cociña, hai moitos aspectos que convén ter en conta, máis alá dos gustos de cada quen. Trátase dunha estancia ampla ou pequena? Como están distribuídos os mobles? Conta cunha boa iluminación natural? Inclúe unha zona de comedor? Que estilo se busca? Todo isto axudará a dar coa gama cromática adecuada, unha que resalte a beleza natural da cociña e contribúa a facer dese recuncho da casa un espazo funcional, confortable e acolledor.

Se ata hai pouco eran os tons beige e madeira os que marcaban tendencia, hoxe dominan as cores escuras como o gris e o negro, mentres que o branco se mantén como un clásico atemporal. En calquera caso, e tendo en conta que o obxectivo adoita ser gozar da cociña durante o máximo tempo posible, o ideal é decantarse por unha tonalidade coa que un se atope cómodo, e que se adapte ben ás características da vivenda.

Con isto en mente, propoñemos algunhas das cores que adoitan ser un acerto, con ideas e fotos para inspirarte. Agardamos que sirvan de punto de partida para crear unha cociña elegante, práctica e con moito carácter: a túa.

As cociñas brancas seguen a ser as grandes protagonistas

Cocinas blancas Santiago Interiores

Luminosos, lixeiros, versátiles y fáciles de limpar, os mobles en cor branca combinan con todo e axudan a ampliar visualmente o espazo. É por iso que son unha opción practicamente obrigatoria en estancias pequenas ou con pouca luz natural, xa que conseguen reflectir a luz, aportando claridade e evitando a sensación de ateigamento.

Cocinas blancas abiertas Santos

Pero esta non é unha cor axeitada unicamente para as estancias de menor tamaño, senón que tamén se adapta moi ben ás cociñas grandes e con illa, así como aos espazos abertos. Nestes casos, conséguese afondar aínda máis na sensación de amplitude, á vez que se elixe unha tonalidade imperecedoira, coa que gozar dun estilo sempre actualizado, aínda que as tendencias cambien. De feito, o branco atopámolo tanto en casas rústicas como minimalistas, xa que é a base por excelencia de calquera estilo decorativo.

Cocinas combinadas blanco y madera Santiago Interiores

Entre os puntos débiles das cociñas brancas, adóitase dicir que poden resultar frías ou aburridas. En calquera caso, basta con combinalas con outros tons, como a madeira, para dotalas de calidez, e con detalles decorativos con carácter para lograr un toque persoal e cheo de encanto. Así, pódese explorar o resto da paleta cromática á hora de poñer o mesado (materiais como o compacto de cuarzo, Silestone ou Compac, permiten unha gama practicamente infinita de cores), o chan, os azulexos ou o mobiliario, para crear, segundo gustos, harmonías ou contrastes.

Cociñas en branco e madeira: modernas, cálidas e luminosas

Cocina blanca y madera Santiago Interiores

A combinación de branco e madeira parece unha alianza natural, feita para potenciar o mellor de ámbalas dúas tonalidades. Así, o branco resalta e suliña a beleza innata da madeira, mentres que este material contribúe a equilibrar y matizar a neutralidade do primeiro. En conclusión? Estancias luminosas, confortables e moi acolledoras ás que resulta moi fácil declarar o celme do fogar. Non é de estrañar que esta sexa a base cromática do estilo nórdico, tan ao gusto actual.

Cocina blanca con barra de madera Santos

Por suposto, pódense complementar ámbalas dúas cores nos propios mobles, ou tamén xogar con outros elementos, como o mesado, o chan, o panel parede, ou a barra.

Cociñas brancas e grises: unha tendencia moi actual

Cocina blanca y gris Santiago Interiores

Os tons escuros non só están de moda na cociña, senón que ademais aportan profundidade e elegancia. Porén, poden restar algo de luminosidade. O branco, pola súa parte, contrarresta este efecto, creando un contraste moi atractivo, que se adapta ben a diferentes estilos decorativos.

Deste xeito, esta combinación resulta ideal para romper coa linealidade do branco en estancias pequenas, sen comprometer a claridade y comodidade visual das mesmas. Ademais, pódese xogar coa intensidade do gris, así como co resto de elementos da estancia, xa que ámbolos dous tons harmonizan moi ben co cristal, o aceiro inoxidable ou a madeira.

Cociña gris: sofisticada e con personalidade

Cocina gris Santiago Interiores

O gris é unha cor neutra, elegante e versátil, ademais de que non resulta tan arriscada como o negro, pero si o suficiente para aportar carácter e distinción. É por iso que se pode combinar co branco, como vimos antes, pero tamén pode brillar con luz propia como gran protagonista da estancia.

Cocina gris abierta y luminosa Santiago Interiores

Non hai que esquecer que na gama cromática dos grises se inclúen múltiples tonalidades: desde o gris area ou perla, máis claro, ata a profundidade do grafeno o do antracita. Dependendo dos gustos, e da luminosidade e tamaño da cociña, poderase elixir entre uns e outros, e incluso combinar varios deles na mesma zona.

Cocinas con mármol gris Santos

Outra tendencia que non se pode desdeñar é a das cores inspiradas nas pedras naturais como o mármore gris, que se pode incluír tanto nos mobles como nos mesados, dotando de sofisticación e dun toque contemporáneo a calquera cociña, especialmente se se combina con outras tonalidades de gris, ou mesmo con negro, como vemos na foto anterior.

En espazos abertos triunfan as cociñas negras

Cocina negra Santiago Interiores

Elegantes e sofisticadas, as cociñas de cor negra intégranse moi ben en estancias abertas e luminosas, especialmente cando escollemos tons mate. Está claro que esta non é unha opción apta para todos os gustos, pero o certo é que o resultado é moi atractivo, especialmente con mobles sinxelos de corte minimalista, sen tiradores, que se fundan de forma natural co resto do mobiliario da casa.

Cocina negra abierta y luminosa Santos

O negro combina con todo e é clave para xerar contrastes, pero, como diciamos, unha cociña totalmente negra só é recomendable en vivendas con ampla entrada de luz natural. En caso contrario, é mellor utilizalo só en parte do mobiliario, como por exemplo a illa, e elixir cores máis claras para os mobles restantes.

Cociñas pequenas ou grandes en branco e negro

Cocinas pequeñas en blanco y negro Santiago Interiores

Así, en estancias pequenas o habitual é usar o negro en pequenas pinceladas, e dar máis presenza ao branco, que multiplica a luz e amplía visualmente o espazo. Deste xeito, pódense combinar os mobles en branco cun mesado ou unha mesa en negro. Aconséllase introducir tamén algunha madeira clara, como terceira cor, para dar unha nota de calidez ao conxunto.

Cocinas grandes en blanco y negro Santiago Interiores

A mestura de branco e negro tamén é apropiada en habitacións grandes, tanto abertas como pechadas. O contraste cromático potencia o carácter de deseño da cociña, especialmente cando se usan ambos no mobiliario. No caso de vivendas de estilo minimalista, podemos cinguirnos ao uso destas cores (xunto á mestura de ambas: o gris) tamén no chan, as paredes ou o mobiliario auxiliar mentres que se queremos un aspecto máis natural, volveremos decantarnos polos tons madeira, especialmente os máis claros.

Unha cociña en negro e madeira para o corazón da casa

Cocina negra y madera Santiago Interiores

Pode que o branco e negro sexa a combinación máis clásica, pero a calidez da madeira xunto á dramática profundidade do negro crea unha beleza difícil de superar. En cociñas ben iluminadas, é unha marabillosa idea combinar os mobles escuros con chans e mesmo teitos en madeira natural, así como os interiores dos armarios, as mesas e cadeiras, ou o revestimento da parede.

Cocina negra y madera acogedora Santos

Conséguese desta forma un ambiente confortable e acolledor, onde a tendencia e a elegancia non limitan a comodidade e a sensación de calor de fogar.

Cociña en gris e madeira: natural e elegante

Cocina gris y madera Santiago Interiores

Para os que busquen un efecto semellante, cálido e moi persoal, pero non se atrevan coa rotundidade do negro, as distintas gamas de grises poden resultar unha fantástica alternativa.

Cocina gris combinada con madera Santos

En calquera caso, ademais da clásica combinación dos mobles grises co chan e os accesorios de madeira, é posible explorar a alternancia de madeiras e grises no propio mobiliario. Na actualidade, están de moda as madeiras máis escuras, como a de carballo fumé ou nogueira, xunto a grises de intensidade media, como o visón.

Cociñas cor madeira: a beleza do natural

Cocinas color madera Santiago Interiores

Finalmente, hai que dicir que as cociñas de cor madeira son outro clásico que non pasa de moda, aínda que é certo que as tonalidades preferidas si van evolucionando co paso dos anos. Agora lévanse as madeiras máis escuras, como a nogueira, especialmente en espazos abertos. En todas elas a beleza e naturalidade das vetas resulta innegable, aportando un encanto evidente a esta parte da casa.

Cocinas color madera y blanco Santos

Como xa vimos, os mobles en madeira pódense combinar tamén con detalles en branco, gris e negro, entre outros, pero é boa idea deixar que a maxestosidade da cor madeira adquira un lugar central. Tanto en ambientes clásicos como modernos, este acabado tan nobre converterase no centro de todas as miradas, sobre todo se se combina con un mesado de pedra natural (como na foto anterior, na que a cocina en carballo café, acompáñase dun mesado de granito negro).

Agardamos que este breve repaso che servise de inspiración. Se estás pensando en reformar a túa cociña, animámoste a visitarnos para poder coñecer de primeira man os diferentes acabados, así como para recibir asesoramento sobre cales adáptanse mellor ás características da túa vivenda e do teu estilo de vida. Pide xa a túa cita co noso equipo de interioristas, estaremos encantados de axudarte.