Image

Cociñas con barra: unha solución práctica e actual

Cocinas con barra Santiago Interiores

As cociñas con barra proporcionan un espazo práctico no que improvisar comidas rápidas ou almorzos. Son unha solución moi funcional e que contribúe a crear unha atmosfera creativa e actual.

Así, ao incorporar unha repisa alta con tallos, créase unha pequena zona de office compatible con calquera tipo de cociñas. Nas pequenas, a barra permite aproveitar ao máximo o espazo e, nas grandes, aporta unha superficie extra a maiores da mesa de comedor. En canto ás cociñas abertas, a barra funciona como elemento de transición, separando as áreas da cociña e o salón-comedor.

Propoñemos agora varias ideas e imaxes que demostran que as cociñas con barra de almorzar son tendencia. Agardamos que che sirvan de inspiración á hora de reformar a túa!

Cociñas pequenas con barra: creando unha zona para almorzar

Cocinas pequeñas con barra Santiago Interiores

Ter unha zona de comedor na propia cociña resulta impensable cando a estancia é de dimensións reducidas. Porén, unha barra para almorzar si se pode incorporar practicamente en calquera recuncho. É por iso que se trata dunha solución moi valorada nas cociñas máis pequenas, nas que unha repisa estreita pode permitir tomar un café ou un bocadillo comodamente sentado e sen necesidade de desprazarse a outra zona da casa.

Cocinas pequeñas con barra y taburetes Santiago Interiores

Deste xeito, nas cociñas estreitas, nas que non é posible colocar os mobles en paralelo, si que se pode dispoñer dunha longa barra con tallos fronte á parede, e equipala, ademais, con algunha zona de almacenamento baixo a barra.

Cocinas pequeñas con barra y muebles en paralelo Santos

No caso de que si sexa factible dispoñer os mobles en paralelo, a barra pódese situar como unión entre ámbolos lineais e, se ademais nesa parede hai unha fiestra, se conseguirá unha zona de office pequena, pero luminosa e moi agradable.

Cocinas pequeñas con barra transversal Santos

Por último, nas estancias de tipo cadrado, nas que sexa mellor unha distribución en U, pódese optar por colocar unha barra pequena transversalmente nun dos laterais.

En xeral, as barras para cociñas pequenas adoitan ser moi estreitas e con soporte exterior.

Cociña americana con barra para os momentos de conversa

Cocina americana con barra Santiago Interiores

A cociña americana adóitase entender como sinónimo de cociña aberta, especialmente cando á e barra a que marca a transición cunha zona a outra da casa. Trátase dunha solución que veremos tanto en estancias de dimensións reducidas como grandes: nas primeiras, porque as cociñas americanas pequenas con barra permiten dar maior amplitude e evitar a sensación de encerro; e nas segundas, porque contribúe a crear espazos diáfanos, convertendo a cociña no centro da zona de día da vivenda.

Cocina americana pequeña con barra Santiago Interiores

En calquera dos dous casos, a cociña americana permite compartir momentos en familia, así como conversar con aqueles que están a preparar a comida. A barra pode situarse así como unha prolongación do mesado da propia illa ou península ou, polo contrario, como unha repisa elevada, doutro material á xogo cos mobles do salón e comedor.

Cocina americana con barra como prolongación Santos

Cociñas abertas ao salón con barra: un espazo multifuncional

Cocina abiertas al salon con barra Santiago Interiores

Por suposto, aínda que a barra resulta moi adecuada para marcar a fronteira entre as distintas zonas da casa en vivendas abertas, tamén pode colocarse de modo alternativo. Así, os mobles da cociña pódense dispoñer de forma transversal, como na imaxe que vemos enriba. A barra quedaría plenamente integrada na zona da cociña, aproveitando mellor a luz que chegaría desde a parte de atrás.

Cocina abiertas al salon con barra lateral Santos

Do mesmo xeito, a barra pódese situar tanto lonxitudinalmente respecto á illa ou península, como nun lateral. Neste último caso, a barra pode ser máis ancha, e servir practicamente como mesa de comedor tradicional para catro comensais.

Barras de cociña de madeira: prácticas e cálidas

Barras de cocina de madera Santiago Interiores

Xa estamos a ver que, mentres que as barras que utilizan a superficie do mesado adoitan mimetizarse con elas (mesmo material e color), as que se elevan prefiren apostar pola madeira. Trátase dun material natural que aporta calidez na cociña, e que se adapta tanto a ambientes rústicos como contemporáneos. Para contrastar coa dureza da madeira, recoméndase tapizar os tallos, dando unha sensación de maior confort.

Cociñas con illa e barra

Cocinas con isla y barra Santiago Interiores

As cociñas con illa adoitan incorporar unha barra, tanto se están en ambientes abertos como pechados. Ao ser as protagonistas, normalmente, de espazos amplos e diáfanos, permiten crear unha zona de office preto de onde se preparan os alimentos, facilitando as conversas e as comidas improvisadas.

Cocinas con isla y barra encimera Santos

Neste caso, adoita ser o mesado o que funciona como barra, deixando unha zona voada baixo á que poder incluir uns tallos altos. Isto permite que o mesado se use como unha enorme superficie de traballo, ou como mesa, dependendo do momento; e ademais da unha imaxe máis cohesionada á cocina, algo que se valora moito en ambientes contemporáneos, nos que hai unha clara preferencia polas liñas sinxelas e limpas.

Cocinas grandes con isla y barra Santiago Interiores

Unha boa idea, cando hai espazo suficiente, é colocar a mesa a continuación da illa de cociña con barra. Así se condensa toda a zona de comedor, e pódese tomar o aperitivo nos tallos, para despois pór os pratos e comer xa directamente na mesa baixa.

Cocinas con península y barra Santiago Interiores

Nas cociñas con península a barra funcionaría exactamente igual que naquelas con illa. O máis habitual, polo tanto, é facer oco baixo o mesado para incorporar os tallos.

Cociñas en L con barra: unha distribución con moitas posibilidades

Cocinas en L con barra Santiago Interiores

A barra de cociña adáptase a calquera tipo de distribución. No caso das cociñas en L, unha opción sería colocar a barra de forma independente, na parede que queda libre, tal e como vemos na fotografía de enriba.

Cocinas en ele con barra Santiago Interiores

Outra posibilidade sería aproveitar directamente un dos laterais dos frontes, se non está contra a parede, para incorporar a barra. Trataríase dunha cociña con península, de forma que desde un lado accederíase ao mobiliario, e polo outro situaríanse os tallos e a barra para almorzar.

Cociñas en U con barra, completamente equipadas

Cocinas en U con barra Santiago Interiores

As cociñas en forma de U teñen numerosas vantaxes: permiten crear un triángulo funcional, con todas as zonas de traballo próximas, e ademais aproveitan moi ben o espazo para maximizar a capacidade de almacenamento. Se a todo isto sumamos unha barra, o resultado é unha cociña moi completa, mesmo se é pequena, como a que ilustra este parágrafo.

Cociñas lineais con barra: unha boa opción para estancias estreitas

Cocinas lineales con barra Santiago Interiores

Se falamos de cociñas lineais, que moitas veces responden a estancias moi estreitas, a posibilidad de colocar en fronte unha barra para almorzar con tallos permite aproveitar un espazo insuficiente para mobles máis voluminosos.

Cociñas rústicas con barra: recuperando a esencia de antano

Cocinas rústicas con barra Santiago Interiores

Aínda que a maioría das cociñas que vimos correspóndense con cociñas modernas, de estética contemporánea, hai barras que tamén encaixan moi ben en ambientes máis tradicionais. É o caso das repisas macizas de madeira, pero tamén das barras en illas con mesados de pedra (o reproducións de pedra), que aportan un toque sofisticado, e á vez rústico.

Barra de cociña con tallos: como elixilos?

Barra de cocina con taburetes Santiago Interiores

Evidentemente, de nada serve unha barra de cociña se non se acompaña de tallos. As medidas destes deben adaptarse á altura da barra, e adoitan ser de 66 cm no caso dos que van baixo o propio mesado, e de 77 cm, máis tipo bar, os que completan unha barra elevada ou independente.

En canto ao estilo dos mesmos, hai tantas posibilidades como gustos. O habitual, loxicamente, é cinguirse á estética do resto do mobiliario, y se o espazo é de corte minimalista, triunfan os tallos de deseño escandinavo, en cores como o branco, o gris ou o negro. En xeral, os tallos con respaldo e os tapizados ofrecen un extra de confort moi recomendable se se conta con pasar moito tempo sentado.

Se estás pensando en reformar a túa cociña e gustaríache incluír unha barra para almorzar, estaremos encantados de axudarte a crear un proxecto adaptado ás túas necesidades e preferencias. Pide cita co noso equipo de interioristas!