Image

COVID-19: Medidas de prevención en Santiago Interiores

Image santiago-interiores-2020-05-reapertura-info-web-gl

Este luns, 11 de maio de 2020, volvemos abrir as portas do noso showroom, tras máis dun mes teletraballando como consecuencia da situación excepcional creada pola COVID-19. Estamos moi felices de poder recibirvos de novo, e desexando axudarvos a deseñar a vosa nova cociña, pero tamén somos conscientes da importancia de ser responsables nas distintas fases da desescalada para, entre todos, lograr seguir freando a expansión da epidemia.

No noso proceso de reapertura, a seguridade dos nosos clientes e traballadores segue a ser a máxima prioridade. É por iso, que adoptamos unha serie de medidas e protocolos de seguridade e hixiene seguindo todos os requisitos gobernamentais e sempre baixo o asesoramento dos nosos equipos de prevención:

  • Atenderemos unicamente con cita previa para poder graduar as visitas e asegurarnos de que cada comercial atenda soamente a un cliente á vez. Por suposto, mantendo a distancia de seguridade en todo momento e co equipamento de protección necesario.
  • Realizaremos dúas limpezas diarias da tenda (pola mañá e pola tarde), con desinfección mediante vaporización de ácido hipocloroso. Do mesmo xeito, cada comercial contará con botes de spray de ácido hipocloroso e panos de limpeza para poder desinfectar as zonas que puidese tocar o cliente tras cada visita.
  • Temos dispoñible todo o material de protección en tenda, para uso do noso equipo e dos nosos clientes: máscaras, luvas, cobrezapatos, xel desinfectante hidroalcohólico, etc. Tamén entregouse un pack a cada comercial para que dispoña del se debe facer unha visita fóra da tenda.
  • Seguiremos a dar todas as facilidades para facer reunións online a aquelas persoas que así o prefiran. Aínda que consideramos que unha primeira visita á tenda si adoita ser imprescindible, para poder ver, experimentar e escoller todos os acabados e accesorios da cociña; o resto das citas pódense seguir realizando por medios telemáticos, e daremos todas as facilidades para que así sexa.

Que máis podedes facer para protexer aos demais e a vós mesmos?

As recomendacións de hixiene xenéricas son as seguintes:

  • Manter a distancia de seguridade en todo momento (2 m).
  • Limpar as mans con xel hidroalcohólico antes de entrar na tenda e, especialmente, antes de tocar calquera superficie de uso común.
  • Usar máscara, luvas e cobrezapatos.
  • Evitar cubrirse coa man ao tusir ou esbirrar.
  • Non tocarse a cara ata chegar á casa e terse lavado as mans con abundante auga e xabón.
  • Evitar saír da casa se existe febre, malestar ou calquera síntoma compatible coa COVID-19.
Protocolo de seguridad frente a la COVID-19

En casa do cliente

No que respecta ás medicións na propia cociña do cliente, xa retomamos as que se realizan en obra nova, cumprindo, por suposto, con todas as normas de seguridade vixentes. Porén, aínda non se permiten en vivendas habitadas, polo que neses casos, hai que agardar, ou intentar reducilas usando como referencia para avanzar nos proxectos as medidas que tomen os propios clientes, ou os plans de arquitectos, cando isto sexa posible.

Tamén na instalación das cociñas seremos moi escrupulosos coas medidas de prevención, programando as citas con suficiente antelación para poder preparar todo o material necesario e informando ao cliente dos protocolos de seguridade.

Tanto neste tema, como en todos os demais, seguiremos as indicacións pertinentes das autoridades sanitarias, que poden variar nos próximos días. Lamentamos as molestias e atrasos que isto poda ocasionar, pero temos claro que non é o momento de relaxarse, senón de colaborar para poder retomar canto antes a actividade habitual con todas as garantías de seguridade. Nese sentido, non dubidamos da vosa cooperación no cumprimento das distintas medidas de prevención e agradecemos o esforzo para lograr compartir un entorno seguro.

Agardamos vervos moi pronto.