Image

Nova exposición de cociñas Santos trala reforma de Santiago Interiores

Exposición de cocinas Santos en Santiago Interiores

O verán pasado Santiago Interiores experimentou unha completa remodelación. Tras case dous meses de obras, a tenda abriu de novo as súas portas o 16 de setembro, dando todo o protagonismo ás novidades da colección 2019 de Santos.

Espazos abertos e conectados

Nuevas exposiciones de cocinas Santiago Interiores

A reforma integral, ademais de traer novas exposicións de cociñas, transformou a nosa tenda tanto por dentro como por fóra, abríndoa moito máis aos visitantes. Así, instaláronse na fachada amplos paneis acristalados que permiten aos paseantes apreciar as nosas cociñas xa desde o exterior do establecemento, e favorecen a entrada de luz natural.

Do mesmo xeito, elimináronse todos os tabiques e divisións para crear un único espazo aberto de 375 m2. Prescindimos igualmente dos despachos, dando prioridade no noso showroom aos ambientes diáfanos. Deste modo, a atención ao cliente trasládase ás propias zonas de exposición, para que este, sentado nun sofá o nunha cómoda butaca, estea relaxado e teña á vista toda a inspiración posible á hora de deseñar a súa futura cociña.

Moito máis que mobles de cociña

Muebles de cocina. Exposición cocinas Santiago Interiores

Outro cambio importante introducido a partir da reforma é que agora non so se poderán comprar aquí os mobles da cociña, senón tamén mobiliario auxiliar como mesas, cadeiras, téxtiles, iluminación, vaixelas e outros accesorios. Se a cociña se entende como corazón do fogar, no que as divisións entre as zonas de traballo e ocio son flexibles, e no que comparte espazo con salóns e comedores, cremos que ten sentido proporcionar todo o necesario para decorar estas áreas públicas.

Paseando polo noso showroom, o visitante descubrirá 4 novas exposicións de cociñas ás que se suma unha práctica proposta de lavandería.

No referente ás composicións que protagonizaban as anteriores exposicións, puxéronse en oferta desde o verán. Aínda que a maioría xa foron vendidas, o resto das cociñas de exposición en liquidación pódense consultar na sección outlet do noso web.

Un catálogo vivo

Exposición de cocinas en Santiago de Santos

Como diciamos, esta exposición de cociñas en Santiago permítenos amosar as diferentes solucións e sistemas de organización da marca Santos, prestando especial atención ás novidades da última colección, como os frontes de grosor reducido, a posibilidade de personalizar totalmente os interiores ou a incorporación do funcional caixón zócalo.

Aquí podes atopar un pequeno resumo dos espazos do noso showroom!

Exposición 1: Unha cociña con illa elegante e sofisticada

Exposición cocinas con Isla Santos

Entre os mobles de cociña en exposición salientan as propostas en tons escuros, seguindo coas últimas tendencias en interiorismo, que dan prioridade á elegancia e sofisticación de cores como o negro ou o gris.

É o caso desta cociña da serie FINE, que conta cunha composición de armarios columna que ascenden ata o teito, en acabado Negro Seda LAH e unha illa en acabado mármore gris (a beleza dos materiais naturais é outra característica clave das cociñas máis actuais, e que atopamos na última colección de Santos). O deseño da cociña complétase cun mesado nos mesmos tons, Pietra Grey.

Destaca nesta cociña con illa a presencia do caixón zócalo, que permite prolongar a capacidade dos mobles baixos practicamente ata o chan, e do armario escamoteable con interior personalizado, dúas novidades que contribúen á máxima funcionalidade e personalidade desta estancia.

Este ambiente conta, ademais, cunha zona de comedor onde unha impoñente mesa rectangular de formato ovalado e unas cadeiras de Profim comparten protagonismo con lámpadas da firma Brokis.

Exposición de cocinas funcionales Santiago Interiores

Exposición 2: Unha cociña en carballo e gris

Exposición de cocinas en roble y gris Santos

Ao igual que as pedras naturais, os acabados madeira tamén volveron á palestra, especialmente nas tonalidades máis escuras. Esta cociña do modelo FINE en acabado Carballo Fumé Vertical é un bo exemplo de iso. A beleza das vetas e o acabado natural da madeira se complementan cunha illa en tonalidades grises onde se sitúan as zonas de lavado, preparación e cocción. Grazas a un robusto mesado que supera ao moble portavertedoiro créase unha práctica barra auxiliar complementada polos tallos de estética industrial de Magis.

Como xa vimos na exposición anterior, os mobles deseñados por Santos non so contan con laterais, traseiras, bases e frontes de grosor reducido, que lles dan un aspecto máis estilizado e elegante, senón que ademais incorporan múltiples solucións de integración e almacenamento, para que todo se atope sempre recollido, ordenado e apartado da vista. Isto xoga un papel fundamental nas cociñas abertas, reforzando a súa fusión co interiorismo xeral da vivenda e contribuíndo a crear espazos limpos e diáfanos.

Aparador Marco en exposición de cocinas Santiago Interiores

Pero quizais a xoia da coroa sexa o gran aparador da serie MARCO que preside a entrada da tenda. Conta, na súa parte alta, con seis vitrinas sobre mesado dotadas de iluminación interior para estantes. Os seus mobles baixos conteñen tres caixóns interiores, preparados para recibir utilidades propias da zona comedor: divisións para os cubertos, ubicación para bandexas de servir, manteis e panos de mesa, etc. Este aparador, logra capturar a esencia e calidez dos mobles de antano, pero adaptándose ás funcionalidades da vida contemporánea.

Exposición 3: Unha cociña lineal con moita personalidade

Exposición cocina lineal FINE en Santiago Interiores

Na nosa terceira exposición salienta a cociña FINE en Gris Antracita, con mesado e frontal en laminado Santos Ceppo di Gré, unha reprodución da pedra natural do mesmo nome.

O amoblamento da cociña, organizado en liña, inclúe dous armarios columna e tres mobles baixos: un portavertedoiro, un moble de caixóns e un portaplaca. Os primeiros, integran frigorífico, forno, lavalouza e solucións de almacenamento en un espazo compacto e organizado.

Os mobles baixos, pola súa parte, conforman a zona de fregado, preparación e cocción, e incorporan amplos caixóns e gabetas en acabado grafeno.

Aínda que quizais o que máis chama a atención sexa a vitrina con sistema corredizo que cubre a parede perpendicular ao plano de traballo. Detrás dos seus vidros, todo o espazo ata o teito segméntase a través dun panel con baldas dotado dun sistema de iluminación interior para estantes, que transforma os mobles nunha fonte de luz ambiental indirecta.

Nesta zona está presente o perfil de iluminación LED de Santos que, ademais de proporcionar luz para o mesado, incorpora tomas de corrente e soporta múltiples accesorios como, por exemplo, o portarrolo para papel de cociña ou o soporte para tablet ou libro, realizados en aluminio lacado negro e madeira de nogueira.

Exposición cocina lineal con mesa y vitrina Santos

Fronte a esta cociña lineal, atopamos, ademais dunha robusta mesa de carballo natural, unha impresionante vitrina Santos. Con corpo en acabado Ceppo di Gré e vidro afumado resulta moi útil para gardar vaixela, pero sobresae, sobre todo, polo seu innegable aporte estético e decorativo.

Exposición 4: Unha cociña de aspecto clásico

Exposición cocina cocina clásica Santiago Interiores

A cuarta exposición será a favorita dos amantes dun estilo máis tradicional na cociña, ao contar con mobles con tiradores en acabado Gris Area da serie MARCO. Trátase dun modelo harmónico e equilibrado, no que o deseño con marco aporta un toque atemporal, dotado do encanto das cociñas de épocas pasadas.

Está composta por mobiliario en L que combina módulos altos e baixos, e funcionais armarios columna, cunha illa central que acolle a zona de lavado e preparación. Complétase cunha ampla barra con tallos altos, perfecta para crear unha zona de office na propia cociña.

Exposición cocina clásica con cocina de leña Santos

Na zona de cocción resalta a cociña de leña, de aspecto moderno, pero que axudará a recuperar os sabores doutros tempos. Todo nesta cociña conxúgase para responder ás necesidades do día a día, pero sen renunciar ao romanticismo do estilo tradicional. O resultado é un espazo moi funcional, con enorme capacidade de almacenamento e unha agradable sensación de orde.

Unha lavandería práctica e organizada

Exposición cocina con lavandería Santiago Interiores

Tamén poderás gozar no noso showroom de inspiración para crear unha zona de lavandería moi funcional. Esta composición está formada por mobles do modelo FINE en Branco Innsbruck, que se combinan co mesado Negro Zimbabwe. Unha combinación de cores atemporal que contribúe a dotar de equilibrio a este espazo.

Dentro dos mobles inclúense distintas solucións que se adaptan ao uso de lavandería desta estancia, con un baixo de servizo con saco para roupa, e armarios que ocultan lavadora e secadora ou espazo de almacenamento para os útiles de limpeza. O moble persiana dispón de perfil de iluminación e tomas de corrente.

Conséguese en definitiva unha zona de bogada cómoda e organizada, que facilita as tarefas diarias.

Outras salas de exposición

Exposición de cocinas abiertas Santos

Pero como diciamos, a nosa tenda amosa agora moito máis que cociñas, con solucións versátiles para espazos multifuncionais, onde as barreiras entre cociña, comedor e salón son cada vez máis difusas.

Mobiliario auxiliar en exposición cocinas Santos

Mesas de comedor, mesas baixas de centro, mesiñas auxiliares, sofás, cadeiras de brazos, butacas, cadeiras, lámpadas de todo tipo ou alfombras axudarán a inspirarte e a deseñar espazos confortables e, á vez, sofisticados. Contamos con pezas das mellores marcas de mobiliario auxiliar e iluminación como eba, Profim, Gazzda, Amura, Bensen, Swedese, Artemide, Brokis, Vibia o Kateha.

Exposición de cocinas tienda Santiago Interiores

Aínda que somos expertos en cociñas, todos os elementos que se atopan na tenda están dispoñibles para a venda, para así non limitar os horizontes dos clientes que desexan cambiar o estilo do seu fogar.

Ven visitar o noso showroom

Se te gustaron as nosas propostas, animámoste a visitarnos na nosa tenda, onde ademais poderás experimentar, tocar e sentir as texturas e acabados dos nosos mobles, así como apreciar de forma máis sinxela as solucións innovadoras para a túa cociña. Non dubides en reservar a túa cita co noso equipo de interioristas, quen estarán encantados de amosarche este catálogo vivo, e de crear para ti un proxecto personalizado adaptado aos teus gustos e necesidades, tanto se a túa vivenda está en Santiago, como en calquera outro punto de Galicia.

E recorda que tamén podes consultar no noso outlet, as cociñas Santos en liquidación por cambio de exposición.

Fotografías: Héctor Santos-Díez