Image

A cociña que mira ao xardín

Cando os propietarios desta vivenda afrontaron a construción do que sería o seu novo fogar tiñan claro que a súa ubicación determinaría en gran medida a súa distribución definitiva. A casa concibiuse como un bloque cadrado, revestido de pedra e madeira, que illaba as estancias de día da ruidosa rúa principal e abríaas ao gran patio interior escondido na parte traseira da vivenda. A privacidade quedaba, deste xeito, garantida. A cociña e o salón situáronse con vistas ao xardín e dotáronse de grandes cristaleiras para aproveitar a iluminación natural.

A distribución en paralelo resultou ser a máis acertada para esta cociña. Esta organización do mobiliario permitiu crear un cómodo espazo de paso entre as zonas de amoblamento para deixar totalmente despexadas, tanto a porta de acceso á cociña, como a saída directa ao xardín.

Na cociña elixiuse a cor branca para os mobles e optouse polo modelo MINOS-L de Santos, un deseño cuxo tirador oculto facía que os frontais fosen máis atractivos, pero tamén moito máis fáciles de limpar.

Modelo: MINOS-L laminado

Acabado: Branco

Image cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-proyectos-1-1
Image cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-proyectos-5-1

O amoblamento da cociña organizouse en dúas zonas ben diferenciadas. Unha zona de mobles baixos en formato península, na que se situaron a placa de cocción, o vertedoiro e unha pequena barra para almorzos ou comidas rápidas. E unha zona lineal de mobles á parede equipada con: mobles columna para frigorífico e fornos, módulos baixos en formato horizontal e mobles altos de apertura articulada. Nesta parte da cociña instalouse, ademais, un vertedoiro auxiliar, de gran utilidade nunha ampla superficie de preparación como a que ofrece este espazo.

Os mobles baixos de Santos que se instalaron nesta cociña están equipados con prácticos accesorios interiores, pensados para facilitar o traballo diario e manter todos os utensilios en orde. Pola súa banda, os módulos altos de apertura articulada contribuíron a que as portas non entorpecesen o movemento natural ao traballar na cociña e facilitasen unha visión completa do interior de cada moble.

Reportaxe fotográfica aparecida na sección “La Casa” de La Voz de Galicia.

Outros datos de interese

Proxecto arquitectónico: Carbajo Barrios

Fotografía: Xoan A. Soler – La Voz de Galicia

Mesado: Silestone Branco Zeus

Distribución da cociña: con península

Tipo de vivenda: unifamiliar

Situación: Santiago de Compostela

Image cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-proyectos-3-1
Image cocinas-santos-santiago-interiores-compostela-proyectos-4-2