Cocinas Santos Diseño con Isla INTRA-L en blanco nieve

Para toda a familia

Para Isabel e a súa familia a cociña é o verdadeiro corazón da casa. Nela reúnense para gozar de almorzos, xantares e ceas, pero tamén de momentos de ocio. Cando viñeron a vernos a Santiago Interiores acababan de mudarse e tiñan unha idea moi clara do que esperaban para o seu novo espazo. Xuntos deseñamos unha cocina única, adaptada ao seu ritmo de vida.

A COCIÑA
Ano do proxecto
2014
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Con illa
Dimensións
22 m2
Mobiliario
Santos, modelo INTRA-L
Acabado
Branco Neve
Tirador
Sen tirador
Mesado
---
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivenda unifamiliar
Dimensións
---
Localización
Arredores de Santiago de Compostela (A Coruña)
Arquitectura
Mª José Bouzas Louzao e Mª del Mar Jorge Paíno
Decoración
Santiago Interiores
Estilismo
Santiago Interiores
Fotografía
Esther Taboada e Pela del Álamo

Así o explica Isabel, a propietaria da casa: «Cando falei con Santos por primeira vez preguntáronme sobre o meu estilo de vida. Querían saber cantas persoas vivían na casa, quen cociñaba, que tipo de comida cociñabamos, como era o noso estilo de vida… Realmente querían coñecer as miñas necesidades antes de darme unha solución. Iso foi moi importante para nós».

A parella adoita cociñar man a man, axudada moitas veces polos seus fillos, polo que un dos principais desexos que trasladaron ao noso equipo de interiorismo foi o de contar cunha estancia ampla, cómoda e funcional, na que todo se atopase accesible e organizado para traballar en familia, pero sen molestarse.

Propuxémoslle o modelo INTRA-L, un deseño único desenvolvido pola marca de cociñas Santos e caracterizado por un sistema de apertura que foxe do tradicional concepto de tirador visto. Neste modelo é unha gola a que se adapta para facer as funcións de tirador, mimetizándose coa fronte do moble e facilitando a integración do mobiliario de cociña na arquitectura da estancia. As frontes lisas en cor branco neve crean un efecto lixeiro e homoxéneo, e a madeira do office reforza este ambiente agradable. Para a distribución optamos por unha cociña con illa coa que conseguimos unha zona de preparación máis ampla e confortable para que dúas persoas poidan traballar ao mesmo tempo de forma fluída e organizada.

Desde un punto de vista estético a cociña resulta minimalista, de liñas suaves e atemporais. No plano funcional destacan, ademais da amplitude das súas superficies de traballo, os prácticos mobles con caixóns para gardar todo tipo de utensilios e alimentos, e os armarios columna, que permiten incorporar electrodomésticos e espazos de almacenaxe nun espazo reducido.

«Despois dunhas semanas de estar vivindo na casa, decátome de que a cociña cambiou as nosas vidas. É moitísimo máis doado traballar, cociñar é moito máis agradable. É xenial, encántame». Nada máis gratificante que escoitar as palabras dos nosos clientes para seguir traballando con ilusión, compromiso e paixón polo deseño.

Outros datos de interese

PUBLICACIÓNS
Blog y Arquitectura

¿Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Pídenos un proxecto directamente a través da web ou concertar unha cita para que poidamos axudarche sen esperar no noso showroom. Axudarémosche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita un proxecto