Image

INTRA-L laminado Branco Neve

Gústache que a túa cociña estea integrada no teu día a día. Compón unha illa de traballo con calquera das múltiples solucións que che ofrece Santos e cociña sen perder de vista aos teus. Se ademais colocas unha zona de columnas de almacenamento en perpendicular, o teu traballo na cociña será pan comido.

Amosarémosche as múltiples combinacións de mobles, cores e acabados de cada modelo de cociña Santos.
Visita a nosa tenda

O sistema de apertura do modelo INTRA é todo un eloxio á discreción. Fóxese do tradicional concepto de tirador visto. Trátase dun deseño único desenvolvido por Santos, froito do seu afán por ofrecer produtos innovadores. Este novedoso sistema aúna tres aspectos básicos para o deseño de cociña: innovación, deseño e calidade. Mediante esta solución estética, prodúcese unha total integración entre os mobles e a arquitectura da estancia, de forma que a cociña sexa algo máis ca un lugar para cociñar. A estética, a funcionalidade e o deseño van da man neste modelo de cociñas Santos.

Image santos-cocinas-intra-l-laminado-combinacion-isla-columnas-1
Image santos-cocinas-intra-l-laminado-estetica-funcionalidad
Image santos-cocinas-intra-l-laminado-frentes-sin-tirador
Image santos-cocinas-intra-l-laminado-cajones-sin-tirador

Accesorios para a túa cociña Santos