Image

INTRA lacado Branco Seda Mate

Os pequenos detalles son os que marcan a gran diferenza das cociñas Santos. A sutileza do sistema de apertura INTRA é un deses detalles que converterán a túa cociña no lugar que sempre desexaras.

Amosarémosche as múltiples combinacións de mobles, cores e acabados de cada modelo de cociña Santos.
Visita a nosa tenda

A total ausencia de tirador é un dos trazos máis característicos do exclusivo modelo INTRA. Para facelo posible, Santos desenvolveu un novedoso sistema de apertura no que a gola adáptase para adquirir as funcións de tirador. Trátase dun modelo con frontais lisos, que prescinde do concepto de tirador tradicional e que, polo tanto, favorece a integración do mobiliario de cociña con outras estancias do fogar. O modelo INTRA representa o minimalismo en estado puro. Os frontais lacados destacan pola súa beleza e espectacularidade. Desde o punto de vista decorativo, este tipo de frontais é o que permite ofrecer unha das máis amplas gamas de cores, ademais de diversas opcións de acabados a elixir entre: Seda Mate, Texturizado ou Brillo Directo.

Image santos-cocinas-intra-lacado-frentes-sin-tirador
Image santos-cocinas-intra-lacado-columnas-soluciones
Image santos-cocinas-intra-lacado-sistema-corredera-coplanar
Image santos-cocinas-intra-lacado-proyeccion-horizontal
Image santos-cocinas-intra-lacado-lavavajillas-integrado
Image santos-cocinas-intra-lacado-columnas-apertura-coplanar
Image santos-cocinas-intra-lacado-cajones-sin-tirador

Accesorios para a túa cociña Santos