Image

LINE-E estratificado Branco Seff

Introduce unha nota de contraste. Cada modelo Santos ten múltiples posibilidades de combinacións e cores que lle permiten adaptarse as túas necesidades. Unha combinación de acabados Branco Seff e vidro negro dan un toque de elegancia a un ambiente minimalista.

Amosarémosche as múltiples combinacións de mobles, cores e acabados de cada modelo de cociña Santos.
Visita a nosa tenda

Durante anos os tiradores foron elementos imprescindibles para a cociña, cumprindo coa función de abrir e pechar portas e caixóns, pero, sobre todo, tiveron moita influencia no seu deseño. A innovación chega da man das cociñas co sistema gola, unha solución que permite a apertura sen tirador. Co sistema integrado de apertura é posible prescindir de tiradores. O frontal liso do modelo LINE destaca pola súa achega estética, pero tamén conta cunha importante función práctica xa que, grazas ao seu sistema de gola continua, permite a apertura en calquera punto. Este modelo fai posible prescindir de tirador en todas as áreas de amoblamento da cociña, grazas á dispoñibilidade de golas tanto para formato vertical —mobles columna— como horizontal —mobles baixos.

Image santos-cocinas-line-e-estratificado-distribucion-en-linea
Image santos-cocinas-line-e-estratificado-perfil-de-iluminacion

Accesorios para a túa cociña Santos

Proxectos con este modelo