Image

MINOS-E estratificado Laricio Gravado

Respirando serenidade. A sinxeleza do Laricio e a lixeireza do vidro branco crean unha atmósfera idónea para a creatividade. Así é Santos: intelixencia e beleza ao teu servizo.

Amosarémosche as múltiples combinacións de mobles, cores e acabados de cada modelo de cociña Santos.
Visita a nosa tenda

O modelo MINOS-E está fabricado en estratificado, un material de fácil limpeza e alta resistencia ao desgaste superficial, á calor e á humidade. O tirador oculto fai que os frontais resulten máis atractivos, pero tamén moito máis fáciles de limpar. Este modelo combina tiradores ocultos e vistos en función da distribución dos mobles de cada cociña.

No modelo MINOS beleza e funcionalidade van da man. O tirador oculto fúndese discretamente co frontal ofrecendo unha estética moi coidada. Pola súa parte, a gola superior e o rebaixe no caixón intermedio conseguen que non se desperdicie nin un só centímetro de capacidade no interior do moble.

O modelo MINOS-E está dispoñible en multitude de acabados tanto en cores lisas como en acabados madeira, entre eles o Laricio Gravado.

Image santos-cocinas-minos-e-estratificado-madera-cocinar-y-compartir-2
Image santos-cocinas-minos-e-estratificado-distribucion-en-columnas
Image santos-cocinas-minos-e-estratificado-accesorio-botellero
Image santos-cocinas-minos-e-estratificado-sistema-apertura-basculante
Image santos-cocinas-minos-e-estratificado-cajones-60-cm
Image santos-cocinas-minos-e-estratificado-estandar-mas-capacidad
Image santos-cocinas-minos-e-estratificado-madera-cocinar-y-compartir-1

Accesorios para a túa cociña Santos

Proxectos con este modelo